Saltar navegación.
Inicio

Curso 2020-21

SESIÓN FINAL DO CLUB DE LECTURA

 E na sesión final do club de lectura  os rapaces dixeron:

" Viñamos a gusto".

" Hai pouco que cambiar".

" Os xogos da fame foi o libro que máis me gustou".

" O intercambio de propostas entre o alumnado e o profesorado foi o que máis me gustou".

" Debemos promocionar máis o club de lectura".

" Debemos abrir máis o club de lectura cara fóra".

" Podemos valorar o horario, en vez dos recreos talvez facelo os luns de 3 a 4."

E este foi o agasallo que recibiron os alumnos/as:

Saída á serra da Groba

Saída á “SERRA DA GROBA”. CANDO NATUREZA E HISTORIA SE CONVERTEN NUNHA COMBINACIÓN “ESPECTACULAR”

VÍDEO E FOTOS DA GRADUACIÓN.

Se queres ver o vídeo da cerimonia de graduación CLICA AQUÍ

COVID E MEDIOAMBIENTE " Un cambio nas nosas vidas"

Os institutos Escolas PROVAL  e o IES Val Miñor convocan o primeiro concurso de fotografía no marco do proxecto de innovación de FP no que participan ambos centros.

O obxectivo deste concurso é que mediante a imaxe e a súa reflexión se fomente a participación do alumnado que este teña o bo gusto de captar a implicación dos centros educativos , na procura de solucións para afrontar a pandemia e a pegada que esta pode deixar no medio natural.

Para ler as bases CLICA.

PROXECTOS 1º ESO BIOGAL

O alumnado de 1ºESO, no traballo por proxectos das materias Lingua Galega e Bioloxía, creou cadansúa peza teatral para representar a adaptación e supervivencia dos seres vivos. A peza de 1º A dirixe o futuro dos reinos en ELECCIÓNS NO BOSQUE. En 1º B presentan un interesantísimo CONGRESO DA BIODIVERSIDADE. E a clase de 1ºC vivirá unha gran aventura en MISIÓN SALVAR O BOSQUE. A semana do 24 de maio, no ronsel das letras, estreamos as nosas pezas. Para non perder!

UN ANO MÁIS REPARTO DE FROITA NO CENTRO DURANTE 10 DÍAS

Un ano máis o noso centro participa no programa de consumo de froitas no centro. É un programa do Fondo Galego de garantía Agraria (FOGGA) que ten por obxecto a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares.

Novo disco: Hasme Oir da Banda da Loba - Homenaxe a Xela Arias

Fermoso homexane a Xela neste disco, especialmente coa estrea o domingo 16 de maio, do videoclip do poema Dario a Diario:

Distribuir contido