Contrato Programa
XORNADA DE ACOLLIDA NO IES VAL MIÑOR AO ALUMNADO DO CEIP da Cruz- Camos e de CEIP Humberto Juanes.
Este venres, 24 de maio, recibimos ao noso futuro alumnado de 1º da ESO. Coñeceron a que vai ser a súa casa a partir de setembro. Esperámolos ao finalizar as vacacións de verán. Animamolos a vir con enerxías renovadas e confiados en que aquí van pasar uns anos marabillosos.
ACTO DE ENTREGA DO PREMIO MULLER CIENTÍFICA 2024 A BETTY LEÓN FONG
FOTOS DO EVENTO AQUÍ
Seguimento do evento:
No portal educativo https://www.edu.xunta.gal/portal/node/43391
Faro de Vigo https://www.farodevigo.es/comarcas/2024/06/04/he-divertido-haciendo-investigacion-103310459.html
PREMIO MULLER CIENTÍFICA 2024
RETRANSMISIÓN EN DIRECTO AQUÍ
MARCHA CICLOTURISTA
CLICA PARA VER AS FOTOS
Esta quedada sobre rodas obrigounos a desempoar as bicis, chegar ao centro nun útil e saudable medio de transporte, permitir que o tan arelado sol nos acariñara para que a vitamina D aparecera, compartíramos unha tarde agradable e as interaccións sociais creasen unha xornada, do máis proveitosa.
27 MAIO. AO INSTITUTO RODANDO- PLAN VÍA BICI. MARCHA CICLOTURISTA PARA ALUMNADO DE 3º ESO A 1º BACH
CLICA para coñecer a ruta que faremos.
VISITA DIDÁCTICA A JEVASO
O alumnado de Economía de primeiro de Bacharelato fixeron este luns 6 de maio unha saída didáctica á empresa Jevaso sita en Arteixo.
Alí puidemos observar o proceso completo do textil: dixitalización de patróns, bancadas, cortado por láser, costura, lavado, pasar o ferro, etiquetado, embolsado,... até o e commerce e xestión de devolucións.
Esta empresa é punteira no sector e traballa con marcas moi coñecidas polo alumnado como as do grupo Inditex, Bimba & Lola, Mango,...
ALUMNADO DE 4º DE ESO E 1º DE BACHARELATO VISITAN OS CIFP MANUEL ANTONIO E VALENTÍN PAZ ANDRADE
Alumnado de 4º de ESO e o alumnado matriculado en Bioloxía e Anatomía de 1º de Bacharelato visitaron hoxe, 4 de abril, os centros integrados de formación profesional Manuel Antonio e Valentín Paz Andrade de Vigo. Coñecendo, de primeira man, a oferta dos ciclos formativos destes centros.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »