Economía
CADA VEZ QUE ESCOLLEMOS UN PRODUTO PARA MERCAR, DECIDIMOS O MUNDO QUE QUEREMOS.
APOSTA POLO COMERCIO LOCAL. MERCA CON SENTIDIÑO.
VISITA DO ALUMNADO DE 4º DA ESO aos CIFP Manoel Antonio, Valentín Paz Andrade e ao Centro Residencial Docente de Vigo.
Os alumnos e alumnas de 4º de ESO, de xeito preferente os matriculados na materia de iniciativas emprendedoras, visitaron no día de hoxe os CIFP MANOEL ANTONIO, VALENTÍN PAZ ANDRADE e o CRD de Vigo. Alí visitamos os distintos obradoiros dos ciclos medios e superiores.
Os alumnos e alumnas de 2º da ESO "EXPLORAN O VAL MIÑOR"
Hoxe 9 de febreiro o alumnado de 2º da ESO asistiu a unha conferencia sobre a historia do Val Miñor e os seus recursos económicos, patrimoniais, turísticos, de lecer.... un interesante achegamento de aquilo que teñen máis cerca e que moitas veces nos é descoñecido.
Os encargados de facer esta magnífica labor foron os alumnos e alumnas do Obradoiro de Emprego da Mancomunidade do Val Miñor.