Saltar navegación.
Inicio

Curso 2014-15

TERAPIA OCUPACIONAL onde ciencia e arte se funden

Patricia Troncoso, ex-alumna do IES VAL MIÑOR e alumna de Terapia Ocupacional (4º) na Facultade de ciencias da saúde na universidade da Coruña deu unha interesante charla este venres día 8 de maio ao alumnado de 1º de bacharelato sobre que é a terapia ocupacional, que labor desenvolven, con quen traballan e cales son os seus obxectivos e campos de actuación.

"STOP AO LIXO MARIÑO"

O lixo mariño representa unha ameaza crecente ao medio ambiente mariño e costeiro.

CELEBRANDO O DÍA INTERNACIONAL DA INMUNOLOXÍA: OS ALUMNOS DE 3º ESO EN ACCIÓN

O 29 DE ABRIL OS ALUMNOS DE 3º DE ESO REALIZARON UNHA SERIE DE ACTIVIDADES  PARA CELEBRAR ESTA DATA:

O alumnado de 1º de bacharelato asiste a unha charla sobre formación de directivos hoteleiros e xestores en cociña

 O alumnado que estuda a materia de Economía en 1º de bacharelato recibiu información da antiga alumna do Centro Superior de Hostelería de Galicia Raquel Fondevila sobre a formación de directivos hoteleiros e xestores de cociña. O CSHG acada unha inserción laboral  do 90% dos alumnos e alumnas que rematan a formación e acadan o título.

Saída didáctica a Santiago de Compostela.

Visita a Santiago de Compostela o mércores 18 de Marzo con 50 alumnos/as de Historia da Arte e Historia de España de 2º de Bacharelato.

A visita consistíu nunha análise do período e estilo románico ao través do estudio do interior, as cubertas e o Pórtico de Praterías da catedral. Despois se fixo un estudio do Renacmento ao través de edificos como o Hostal dos Reis Católicos e outro do Neoclasicismo tomanso como referencia o Pazo de Raxoi.

Os alumnos e alumnas do CEIP Humberto Juanes e o CEIP da Cruz-Camos visitan o IES VAL MIÑOR.

 O xoves 16 de marzo, sesenta alumnos e alumnas de 6º de educación primaria dos citados centros tiveron a oportunidade de coñecer o que será o seu centro a partir de setembro.

os de 3º de ESO á FINAL do Rally Matemático e quedaron ..........de TERCEIROS

O día 8 de abril, un grupo de 8 alumnos de 3ºESO A participou en Santiago na final galega do “Rally matemático e científico sen fronteiras” que organiza IGACIENCIA quedando en terceiro lugar no seu nivel.

SAÍDA DINAMIZADORA DOS ALUMNOS DE 1º ESO A PONTEVEDRA

Con motivo do XVI Salón do Libro en Pontevedra os alumnos de 1ºESO do IES Val Miñor visitaron a cidade o venres 27 de marzo, nunha actividade organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística “O Brión”.

Primeiro coñeceron aqueles lugares relacionados coa vida e a obra dun dos maiores artistas da cultura galega: Castelao. Tamén souberon algo máis sobre a historia de Pontevedra a través da pegada que quedou en vivendas, cruceiros, prazas, fontes e rúas.

XABIER QUEIPO VISITA O IES VAL MIÑOR

O xoves 26 de marzo, os alumnos de 3º e 4º da ESO, tiveron a oportunidade de coñecer e escoitar ao escritor galego Xabier Queipo. Aproveitando unha das súas estancias en Galicia (o autor reside e traballa en Bruxelas dende 1989) Xabier achegouse ao noso centro para falarnos da súa tarefa como escritor.

Distribuir contido