Educación Física
TORNEOS DE DEPORTES NOS RECREOS. RE-CREO O RECREO
Deron comezo, despois desta tempada de diluvios, os torneos de distintos deportes nos recreos. Nestes momentos estase a xogar unha liga de fútbol e un torneo de tenis de mesa.
Como en anos anteriores, e continuando coa adhesión ao contrato programa innova, na súa liña EduSaúde realízase esta actividade que forma parte dun compendio de propostas, dirixidas a favorecer o incremento do tempo de actividade física do alumnado, que terá repercusións directas na súa saúde, entre outros beneficios.
MAGOSTO 2023
(Clica para ver as fotos e vídeo) Polo san Martiño trompos ao camiño e pola santa Olaia, trompos á borralla. O venres 10 de novembro celebrouse o magosto no centro. O asado de castañas e os xogos populares, fixeron do día, unha xornada chea de risas, movemento, interacción, olor a castañas, participación, convivencia, que crearon un ambiente cálido e distendido, onde nos transportamos ás tradicións do outono. Faltaba o veraniño de san Martiño, pero se chove que chova.
ENQUISAS DE INICIO DE CURSO DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA
MEMORIA DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA 2022-23
Enviado por secretaria2 o Dom, 02/07/2023 - 21:28KAYAK ILLA DE AROUSA - AREOSO.
O 21 de xuño, día no que comeza o verán e o curso académico remata, o alumnado de 4ºESO e os profesores acompañantes desfrutaron dun día de actividade física en contacto coa natureza. Foi unha gran xornada de despedida, dunha promoción de alumnado que deixa unha forte pegada no centro. Recoñecidos sempre polo seu bo comportamento nas actividades extraescolares e complementarias entre outras virtudes. Así foi unha vez máis. Que pasedes unhas boas e merecidas vacacións. Se queredes ver as fotos e a videomontaxe CLICA
PATIO ACTIVO E SAUDABLE
CLICA para ver máis fotos e o vídeo.
SOMOS ESPAZO CARDIO PROTEXIDO
O centro conta cun Desfibrilador, esta é unha moi boa noticia, que se fixo realidade grazas á sensibilidade do concello, que nos dotou deste aparello tan valioso, trala petición realizada . A intervención nos primeiros minutos dunha parada cardíaca é fundamental para salvar vidas. Toda a comunidade educativa debe coñecer que o noso desfibrilador está ubicado no corredor da primeira planta, XUSTO AO CARÓN DO ASCENSOR, pois nunha situación de emerxencia contar con este aparello, supón unha enorme diferenza.
A continuación simplemente amosamos un argumento de forma visual, para que non cruces os brazos, se non que cruces os dedos e inicies a manobra de RCP:
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »