Saltar navegación.
Inicio

blogue dema.jose.novoa

Tanxugueiras

Midas, o tema máis novidoso de Tanxugueiras, no que hai unha fusión entre a música tradicional galega e o urbano!

Tanxugueiras, mulleres "empoderadas" con un son moi característico e persoal.

A lavandeira de San Simón

Fermoso libro de Eva Mejuto con coidadas ilustacións. Narra a historia do penal dende a perspectiva das mulleres que desinteresadamente axudaban ós presos e as condicións que nas que vivían.

Fai CLIC na imaxe para ver o album ilustrado da autora!

A lavandeira de San Simón

Fermosa edición que relata o que acontecía na Illa de San Simón dende a perspectiva das traballadoras que ían ó penal.

Un relato conmovedor da realidade no presidio na represión.

ACORDEIRETA

Recomendamos a publicación de Loitar Cantando, o último disco Acordeireta.

Son de moi pretiño, Saiáns.

Nesta obra recopilan pezas inéditas coma: "Rinconciño de Galicia " de Avelino Abril, veciño de Saiáns e membro da charanga "Os leóns de Camos".

KALLAIKOS DE PACO BOLUDA

O ano pasado visitamos cos nosos alumnos o Castro de San Cibrán de Lás e o seu Museo.

Recomendamos agora un libro que recrea unha viaxe no tempo a esa contorna: Kaitóbriga e o clan dos Meriadoi.

Autoedición moi coidada de Paco Boluda, debuxande en diferentes xacementos arqueolóxicos, que nos sorprende con detalles sobre a súa vestimenta, decoración das casas,... baseados en achados reais.

Distribuir contido