Orientación
MÉDICOS DO MUNDO FALA CO ALUMNADO DE 4º DA ESO SOBRE AS INFECIÓNS DE TRANSMISIÓN SEXUAL
Hoxe, 21 de novembro, días antes de celebrar o día mundial da loita contra o VIH, Tere,Iván e Vanessa da organización non gobernamental MEDICOS DO MUNDO, asociación que loita para facer efectiva o dereito á saúde para todas as persoas déronlle unha charla aos alumnos e alumnas de 4º da ESO sobre as infeccións de transmisión sexual e a súa prevención.
O ALUMNADO DE 1º DE ESO COÑECE AOS SEUS "PADRIÑOS E MADRIÑAS" DE 3º DE ESO.
Aquí os temos realizando a primeira actividade. Foi o primeiro contacto entre uns e outros/as. Boa titorización para o curso 2018-19
CELEBRANDO O DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL COA ASOCIACIÓN AVELAÍÑA
Hoxe 2 de outubro de 2018 o alumnado de 1º de bacharelato coñeceu o "mundo da saúde mental" da man da asociación Avelaíña. O persoal da asociación da man de María e Dania e dalgúns dos seus usuarios: as Carmen, Julio, Mauro... déronnos unha exemplo de loita e esforzo.. Grazas por todo.
Para ver máis:https://valminortv.com/2018/10/05/avelaina-acerca-al-ies-val-minor-la-importancia-de-una-salud-mental.
CHARLA FORMATIVA: TEMPO DE SAÚDE para o alumnado de 1º de ESO
A doutura Olga Villar impartiu hoxe 3 de outubro unha charla aos alumnos e alumnas de 1º de ESO sobre "Nutrición e saúde" dentro dun programa promovido pola Deputación de Pontevedra e o colexio oficial de médicos da provincia de Pontevedra.
O VENRES DÍA 25 DE MAIO RECIBIMOS AOS NOSOS FUTUROS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º DE ESO
Este venres 25 de maio recibimos aos alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria do CEIP Humberto Juanes e do CEIP da Cruz. Eles e elas serán os futuros 1º de ESO do curso 2018/19. Agardamos que lles gustara o centro onde van continuar os seus estudos. Grazas por visitarnos.
EDUCACIÓN VIAL PARA O ALUMNADO DE 1º DE ESO- curso 2017-18
Un novo curso realizamos a formación en educación vial. Grazas a policía local de Nigrán.
CHARLAS DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL PARA OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 3º DA ESO
José Ramón González e Fe Framil impartiron de xeito desinteresado unhas charlas de educación afectivo-sexual aos alumnos e alumnas de 3º da ESO. Grazas pola súa colaboración.
A GARDA CIVIL FALALLE AOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º E 2º DA ESO DOS RISCOS ASOCIADOS ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS
María e Fontela, gardas civís do posto de Baiona-Nigrán faláronlles ao alumnado de 1º e 2º da ESO dos riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso das redes sociais.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »