Recursos da Biblioteca
Esquema de temas
-
-
Novembro é o mes da ciencia. No IES Val do celebrarémolo coa publicación do Manifesto proporcionado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia e difusión do libro Po de estrelas, de Xurxo Mariño. Un fermoso libro de divulgación no que se abordan cuestións apaixonantes sobre o universo e a vida no noso planeta; e sobre aquilo do que somos capaces os seres humanos, animais e plantas
-
Queres formar parte da nosa celebración do Día do Libro?
Intégrate na portada do teu libro favorito (ou envíanos unha foto cun libro que sexa especial para ti). Podes acompañar a túa foto dunha recomendación persoal.
Prazo límite de entrega das fotos: 15 de abril.
Para entregárnola, súbea a esta sección da Aula Virtual, indicando o teu nome e curso como título.
Se non tes o libro disponible na casa, e queres que cho localicemos na biblio, terás unha listaxe alí para apuntar o teu nome e o título: nós procuraremos localizarcho; e mesmo, se o prefires, facerche a foto
Animádevos a deixar constancia das vosas preferencias lectoras, e poder así servir de referencia para futuros/as lectores/as.
Graciñas pola vosa atención
-
Sube aquí a foto co teu libro favorito.
-
-
-
Debido a que no Día das Letras Galegas do ano pasado non seu puideron realizar actividades de divulgación da figura deste autor, imos adicar o 25 de marzo conmemorar a súa figura e divulgar a súa obra.
Nesta sección aproximáremonos á súa biografía, atoparemos mostras da súa obra literaria e podemos ver un vídeo no que o propio autor reflexiona sobre distintos aspectos da realidade que lle tocou vivir.
Adicádelle uns anaquiño da vosa atención!