Nesta asignatura pendente, para facilitar a súa superación, haberá uns caderniños de preguntas para preparar a proba escrita que se realizará en xaneiro, abril e maio.
A completa e correcta cumprimentación dos caderniños contará un dez por cento da nota final, no caso de irse superando as probas escritas parciais de xaneiro e abril, cunha media que suporá o 90 % desa nota. No caso de non superarse, o exame final de maio suporá o 100 % da nota da asignatura. So no caso de que os caderniños fosen cumprimentados correctamente con anterioridade en tempo e forma, e favorecesen ao alumno, a proporción volveríase repetir: 10 % caderniños, 90 % exame final.