Transporte e Mantemento de vehículos
Ciclo Básico Mantemento de vehículos, Ciclo Medio Electromecánica de vehículos automóviles e Ciclo Superior Automoción (modalidade dual intensiva)
Se che gusta o mundo do automóbil e quere traballar nun sector pilar da economía galega, non o dubides no IES Val do Asma formámosvos en Electromecánica de vehículos.
Se es un alumno que a ESO te desmotivou e queres obter un título de CB de Mantemento de vehículos, estamos esperándote.
E se a maiores che gusta viaxar no IES Val do Asma, participamos en proxectos europeos.
Nos últimos anos varios estudantes realizaron prácticas no estranxeiro (Portugal, Italia, ...), tanto estudantes no CM en Electromecánica de vehículos automóbiles como estudantes do CB Mantemento de vehículos.
O departamento de automoción realiza unha viaxe a unha gran fábrica cada dous anos para que os nosos alumnos poidan ver a fabricación dun automóbil.
O noso índice de colocación unha vez que se obtén o título de Electromecánica de vehículos supera o 50%. Mesmo nos anos máis críticos, os nosos estudantes atoparon traballo en talleres de reparación de automóbiles, así como servizos de mantemento e inspeccións ITV.
Dende o curso 24-25 ofertamos tamén un CS en Automoción para que sigas formándote e mellorar as túas opcións laborais. Este ciclo impártese en modalidade dual intensiva
Agardámosvos no IES Val do Asma, Avenida de Monforte 27500 Chantada Lugo.
Para máis información consulte o servizo de atención ao estudante de automoción a través do correo electrónico: o ies.val.asma@edu.xunta.gal ou chamando ao número de teléfono 982 870 236.
Pode presentar a súa solicitude a través da aplicación web de admisión a ciclos do Ministerio de Educación ou ben dirixirse ao noso instituto.
Novas de interes: