Eventos
O IES Val do Asma inicia unha Campaña en Instagram con motivo do Día Contra a Violencia de Xénero, que se celebra o próximo 25 de novembro. Prepara unha tarxeta cunha mensaxe que contribúa a acabar coa invisibilidade do maltrato, a frase pode ser da túa propia autoría ou dun terceiro, neste último caso, non esquezas mencionar a fonte da túa cita.
Anímate a participar!!! A mensaxe máis votada terá premio.
Organiza: Departamento de Orientación.
No seguinte documento podes atopar toda a información.
Todas as sesións de votacións celebraranse o luns 26 de novembro de 2018, nos seguintes horarios:
Alumnado dende as 11:15 horas ata 12:45 horas
Profesorado ás 14:20 horas
Pais, nais e titores/as dende as 17:30 horas ata ás 20:00 horas
O alumnado asistirá a unha charla impartida pola psicóloga, Mª Rosario Ingunza Rajo, da asociación ARCHA (Alcóholicos rehabilitados de Chantada) na que se abordarán os efectos do alcohol na xuventude planteando os efectos diferenciais en función do sexo. A charla organízase dende o CIM (Centro de Información á Muller) do Concello de Chantada.
Lugar: IES Val do Asma.
Grupos: 3º ESO e 4º ESO.
Organiza: Departamento de Orientación.
O día 28 de novembro o alumnado de 2º de Bacharelato e de FP Básica participará nunha charla impartida por membros do Exército sobre a oferta educativa neste eido e as súas posibles saídas profesionais.
Lugar: Salón de Actos IES Val do Asma
Grupos: 2º de Bacharelato (11:45-12:35) e FP Básica de Automoción (10:25-11:15)
Organiza: Departamento de Orientación
O vindeiro 28 de novembro o alumnado da familia profesional de automoción participará nunha Charla sobre Prevención de Riscos Laborais no seu sector. A actividade enmárcase dentro da Campaña de Sensibilización de Riscos Laborais para centros de FP que está a levar a cabo o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, en colaboración co Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e coa empresa CRPREVENCIÓN.
Lugar: IES Val do Asma
Participa: CB e CM de Automoción
Organiza: Departamento de Automoción
O alumnado de FP do CB de Mantemento de vehículos e do CM de Electromecánica de vehículos automóbiles asistirán ao Galicia Skills 2018 que se celebrará en Silleda os días 28, 29 e 30 de novembro.
Preme na imaxe para ver máis fotografías.
O venres 7 de decembro de 2018 non haberá clase por celebrarse o Día do Ensino, así establecido no calendario escolar.