Skip to Content

Actividades de recuperación e reforzo para o alumnado coa materia pendente

EPVA (1º, 3º e 4º ESO)

O alumnado con Educación Plástica e Visual pendente deberá realizar os traballos propostos, referentes aos contidos mínimos do curso que teñen pendentes para superalo. A relación de traballos daráselles a principio de curso, e deberán realizar unha entrega parcial no mes de decembro, unha segunda en febreiro e unha 3ª en abril. Ademais farase un exame en maio sobre os contidos tratados nas prácticas se aínda non teñen superada a materia cos traballos entregados ata dita proba. De non superar a materia nesta convocatoria poderán presentarse á convocatoria extraordinaria. Ese alumnado terá un seguimento continuado durante o curso coordinado por parte da xefatura de departamento.

Debuxo Técnico I e II

Os instrumentos de avaliación serán os exercicios realizados polo alumno/a e un exame similar ao proposto para a avaliación continua, que se realizarán trimestralmente. A nota parcial de cada trimestre obterase de realizar a media aritmética das puntuacións obtidas nos traballos xunto coa puntuación obtida no exame. Para obter a nota final do curso, farase a media aritmética das notas parciais dos 3 trimestres. O alumnado que non realice este seguimento terá dereito a realizar un exame final, con características similares ao establecido na avaliación continua, na data fixada pola Xefatura de Estudos.

Fundamentos da Arte I e II

Preséntanse uns contidos mínimos de exercicios que teñen que saber resolver e practicar. Estes contidos poderán ser feitos como prácticas facilitadas polo profesor e farase unha proba final de avaliación. Os alumnos terán a posibilidade de consultar as dúbidas co profesor/a ó longo do curso, establecendo datas e lugar para as posibles consultas. Inclúese as actividades propostas para este curso académico: No departamento estimouse axeitado que o alumnado coa materia pendente realizará unha serie de traballos que resuman os contidos mínimos da materia. Os traballos terán data de entrega en xaneiro en primeira convocatoria e en Maio como segunda e última. Ademais, farase un exame final sobre eses contidos.

Cultura Audiovisual I e II

Presentaranse uns contidos mínimos de exercicios que teñen que saber resolver e practicar. Estes contidos poderán ser feitos como prácticas facilitadas polo profesor e farase unha proba final de avaliación. Os alumnos terán a posibilidade de consultar as dúbidas co profesor/a ó longo do curso, establecendo datas e lugar para as posibles consultas. Inclúese as actividades propostas para este curso académico: 

No departamento estimouse axeitado que o alumnado coa materia pendente realizará dous traballos que resuman os contidos mínimos da materia. Os traballos terán data de entrega en xaneiro en primeira convocatoria e en Marzo como segunda e última. Ademais, deberán realizar un exame da materia para recuperala. A data será determinada polo centro, dentro do calendario de exames de recuperación.

Debuxo Artístico I e II

Organización de actividades de seguimento e avaliación das materias pendentes

O Departamento ten previsto probas para superar a materia de Debuxo Artístico pendente nas datas previstas para tal fin.(Proba teórico práctica). Será necesario un 50% de acertos para recuperar a materia.

Volume

O Departamento ten previsto probas para superar a materia de Volume pendente nas datas previstas para tal fin. (Proba teórico-práctica) .Será necesario un 50% de acertos para recuperar a materia.



page | by Dr. Radut