Este módulo profesional contén a formación necesaria para realizar a función de configuración e aplícase nos procesos das instalacións de calefacción e auga quente sanitaria con achega solar, así como nas súas instalacións asociadas.
A función de configuración da calefacción e a auga quente sanitaria con achega solar abrangue aspectos como:
- Especificacións técnicas e regulamentarias das instalacións.
- Selección dos equipamentos das instalacións.
- Representación gráfica das instalacións.
- Definición de aspectos e características técnicas das instalacións.
- Elaboración de orzamentos de instalacións e documentación técnica e administrativa.
A base do título é a montaxe e o mantemento, e non o deseño de instalacións, pero un instalador pode ter a necesidade de reconfigurar unha instalación, deseñar pequenas instalacións, modificalas, etc., para o que debe coñecer os criterios de cálculo e selección de equipamentos, así como redes de tubaxes e condutos.
- Teacher: Guillín Gontán Ana Elisa