Skip to Content

ACREDITACIÓN DAS COMPETENCIAS DIXITAIS

A Resolución do 28 de febrero do 2024 dicta as instruccións para acreditación das competencias dixitais do alumnado que remata 4º ESO e 2º de Bacharelato no curso 23-24. Tendo en conta dita resolución informamos:

A acreditación das competencias dixitais do alumnado poderá realizarse a través das seguintes modalidades:

  • Ao obter o título da ESO no curso 23-24, o alumnado obtería un certificado que acredita o nivel de iniciación.
  • Se o alumnado que finaliza 4º de ESO quere obter a acreditación dun nivel intermedio, deberá superar unha proba específica.
  • Ao obter o título de Bacharel no curso 23-24, o alumnado acredita ter coñecementos habilidades e aptitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio.
  • Se o alumnado que finaliza 2º de Bacharelato quere obter a acreditación dun nivel intermedio, deberá superar unha proba específica para acreditar a área de dominio 4.

O alumnado que desexe realizar a proba específica, deberá entregar no Centro o Anexo IV debidamente cuberto na Secretaría do Centro antes das 13:50h do 15 de marzo. Para máis información: preme aquí

 



page | by Dr. Radut