Todas as persoas se senten acollidas no centro.
O profesorado colabora mutuamente
O alumnado axúdase entre si.
O profesorado e o alumnado respéctanse mutuamente.
As familias colaboran e séntense implicadas no centro
O profesorado e as persoas que compoñen o Consello Escolar do centro traballan ben en conxunto
O centro escolar fomenta a comprensión das interconexións entre as persoas de todo o mundo
O centro escolar e a comunidade local apóianse entre si
As persoas adultas e o alumnado son receptivos á variedade de identidades de xénero.
O equipo educativo vincula o que acontece no centro escolar coa vida do alumnado no fogar.
O centro educativo promove a convivencia
O centro escolar desenvolve valores inclusivos compartidos.
O centro escolar fomenta o respecto de todos os dereitos humanos.
O centro escolar fomenta o respecto da integridade do planeta Terra.
A inclusión enténdese como unha maior participación de todos e todas
As expectativas son altas para todo o alumnado
O profesorado pensa que todo o alumnado é igual de importante.
O centro escolar rexeita todas as formas de discriminación.
O centro escolar promove a convivencia e a resolución pacífica de conflitos.
O centro escolar anima ao alumnado e ás persoas adultas á sentirse ben consigo mesmos/as.
O centro escolar contribúe á saúde do alumnado e das persoas adultas.
O centro escolar ten un proceso de desenvolvemento participativo.
O centro escolar ten un enfoque de liderado inclusivo
Axúdase a todo o alumnado novo a integrarse no centro escolar
O profesorado mostra igual interese por todos os grupos e estes configúranse de xeito heteroxéneo.
O alumnado está ben preparado para desenvolverse fóra do centro escolar.
Os edificios do centro escolar son fisicamente accesibles para todas as persoas.
Os edificios do centro escolar e os patios deseñáronse pensando en facilitar a participación de todos e todas
O centro escolar reduce a súa pegada de carbono e o uso da auga
O centro escolar contribúe á redución de residuos
Todas as formas de apoio están coordinadas
O apoio ao alumnado de incorporación tardía que non coñece o galego coordínase con outros soportes pedagóxicos
O centro escolar apoia a continuidade da educación do alumnado que está en Centros de protección de menores.
O centro escolar asegúrase de que as políticas sobre “necesidades educativas especiais“ sexan convertidas en políticas de inclusión.
As normas de conduta están relacionadas coa aprendizaxe e desenvolvemento curricular.
Reducíronse os problemas de convivencia e as sancións por problemas de conduta.
Reduciuse o absentismo escolar.
Reduciuse o acoso escolar.
O alumnado aprende sobre a saúde e as relacións interpersonais
O alumnado aprende sobre o traballo e a vinculalo co desenvolvemento dos seus intereses
Todas as actividades do centro se adaptan a todo o alumnado
As actividades de aprendizaxe fomentan a participación de todo o alumnado
Promóvese o pensamento crítico no alumnado.
O centro implica activamente ao alumnado na súa aprendizaxe
O alumnado aprende de maneira colaborativa
Ensínase ao alumnado a valorar a todas as persoas por igual, sexa cal sexa a súa orixen, cultura ou características individuais.
As avaliacións fomentan os logros de todo o alumnado.
A disciplina baséase no respeto mutuo
O equipo educativo planifica, ensina e revisa en colaboración.
O equipo educativo desenvolve recursos compartidos para apoiar a aprendizaxe.
O profesorado de apoio axuda á aprendizaxe e á participación de todo o alumnado.
As tarefas escolares son pensadas para contribuír á aprendizaxe de cada alumno e de cada alumna
Os recursos sociais e culturais da localidade son coñecidos e utilizados.