Todas as persoas se senten acollidas no centro.
As familias colaboran e séntense implicadas no centro.
O profesorado e as persoas que compoñen o Consello escolar do centro traballan ben en conxunto.
O equipo educativo vincula o que acontece no centro escolar coa vida do alumnado no fogar.
O centro educativo promove a convivencia
O centro escolar desenvolve valores inclusivos compartidos.
O centro escolar fomenta o respecto de todos os dereitos humanos.
O profesorado pensa que todo o alumnado é igual de importante.
O centro escolar rexeita todas as formas de discriminación.
O centro escolar promove a convivencia e a resolución pacífica de conflitos.
O centro escolar contribúe á saúde do alumnado e das persoas adultas.
O centro escolar ten un proceso de desenvolvemento participativo
O centro escolar trata de admitir a todo o alumnado da súa localidade.
Axúdase a todo o alumnado novo a integrarse no centro escolar
O profesorado mostra igual interese por todos os grupos e estes configúranse de xeito heteroxéneo.
O alumnado está ben preparado para desenvolverse fóra do centro escolar.
Os edificios do centro escolar son fisicamente accesibles para todas as persoas.
Todas as actividades do centro se adaptan a todo o alumnado
Ensínase ao alumnado a valorar a todas as persoas por igual, sexa cal sexa a súa orixen, cultura ou características individuais.
Os recursos sociais e culturais da localidade son coñecidos e utilizados