O mes de abril no Terra de Soneira estivo partido polas vacacións de Semana Santa que dividiron as actividades deste mes entre o 2º e o 3º trimestre: como actividades do 2º trimestre temos que citar o Roteiro literario no Museo Provincial de Lugo para o alumnado de 1º da ESO, organizado polo Departamento de Lingua Galega por 12º ano consecutivo, e que este ano inauguraba un novo libro de relatos: Contos de fantasmas no museo (despois de Contos do museo e Contos de medo no museo).
O mes comezou tamén coa convocatoria dun Certame de relato curto en castelán, organizado polo Departamento de Lingua Española co gallo do Día do Libro.
E rematamos o trimestre o día 7 coa entrega ao alumnado do Boletín de recomendacións lectoras elaborado pola Biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüística e dedicado integramente á figura e á obra de Carlos Casares ao dedicárselle o Día das Letras Galegas
Á volta da Semana Santa, as actividades culturais continuaron. O día 20 o alumnado do 2º Ciclo da ESO e Bach asistiron á montaxe teatral "La Celestina" na Casa da Cultura de Vimianzo, nunha actividade organizada polo Departamento de Lingua Española.
O 25 de abril o alumnado de 3º da ESO realizou en Celanova unha actividade poético-musical, organizada polos Departamentos de Música e Lingua Galega, que incluía concerto didáctico, recital poético e roteiro literario pola vila ourensá.
Na última semana do mes, os Departamentos de Lingua Española, Lingua galega e a Biblioteca coordinaron unha Semana do Libro. Preme aquí para ver un completo resumo das actividades desta Semana.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
20160411_131249.jpg | 53.16 KB |
primavera con casares.pdf | 1.26 MB |
20170323_123736.jpg | 28.66 KB |
IMG-20170403-WA0004.jpg | 54.51 KB |
IMG-20170403-WA0005.jpg | 23.79 KB |
contos de fantasmas.pdf | 271.32 KB |
casares2.jpg | 43.25 KB |
Concurso de relatos breves.odt | 20.56 KB |
Actividades arredor do Día do Libro 2017.pdf | 3.02 MB |
DSC_0147.JPG | 34.48 KB |
DSC_0149.JPG | 23.48 KB |
IMG-20170516-WA0002.jpg | 36.94 KB |
IMG-20170516-WA0005.jpg | 58.16 KB |