A xeografía ocúpase especificamente do espazo, as paisaxes e as actividades que se desenvolven sobre o territorio, e analiza a relación entre a natureza e a sociedade, así como as súas consecuencias. Ten como obxectivo a comprensión do territorio, produto da interrelación de múltiples factores, e, ademais, que o alumnado poida explicar a realidade xeográfica española, con especial atención ao territorio galego, como referente e identidade próxima.
A distribución de contidos da materia de Xeografía de 2º de Bacharelato pretende afianzar os coñecementos sobre xeografía adquiridos na ESO e, por outra banda, afondar no coñecemento da ciencia xeográfica para proporcionar as cone­xións con opcións posteriores.
A xeografía de España non pode concibirse só na diversidade que lle proporcionan as comunidades autónomas, senón que é necesario coñecer ademais as interdependencias que a vinculan co resto do mundo, en especial coa Unión Europea (UE), xa que estes aspectos teñen a súa tradución nos procesos de organización do territorio

Historia de España de 2º de Bacharelato