Skip to main content

Mobilidade a Bután

<br />
Erasmus a Bután

Dentro do proxecto de mobilidade internacional KA171 as compañeiras do departamento de informática Marta Rey e Vanesa Resúa visitamos á Royal University of Buthan. En concreto estivemos no Sherubtse Collage de Trashingang. Alí coñecemos o funcionamento do campus universitario da man do seu presidente e do conxunto de profesorado e compartimos formación co alumnado. Nunha primeira sesión fixemos a través dunha presentación ao equipo docente, unha achega á Galicia, a nosa cultura e o noso centro. Posteriormente, xa co alumnado Marta impartiu unha clase de Seguridade Informática e Vanesa de Machine Learning cun acollemento moi bo por parte do estudantado butanés, vestidos todos e todas ao igual que o profesorado ao estilo tradicional. A experiencia foi moi positiva tanto a nivel profesional como persoal.

Ademais da universidade contamos co privilexio de visitar un colexio con alumnado de ata catorce anos e falar co seu profesorado e coas meniñas e meniños que estaban nas clases e que nos recibiron con ledicia e abraio. Coñecer este pequeno reino do Himalaia, a súa cultura, a súa fala, os seus coñecementos técnicos e humanos fixo de nós mellores profes e mellores persoas. Grazas a Bután e as súas xentes polo trato tan marabilloso. Agardámosvos!!!.

 

Galería de imaxes

Erasmus a Bután Erasmus a Bután Erasmus a Bután Erasmus a Bután Erasmus a Bután