Skip to main content

Feira educativa EnlazaVigo23

Feira EnlazaVigo 2023

O pasado 24 de decembro, o noso centro tivo presenza na feira educativa EnlazaVigo23 coa colocación dun espazo expositivo no que puidemos dar visibilidade ó traballo realizado polo noso centro educativo no marco da sensibilización, a educación en igualdade e a prevención da violencia de xénero así coma outras actividades levadas a cabo en anos anteriores polo grupo de Igualdade e Diversidade do IES de Teis. Votádelle un ollo as fotos do noso espazo expositivo onde levamos: libros da biblioteca, ós retratos baseados nas imaxes Brabxs da uvigo realizadas para o 11F (Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia), pósters de cursos anteriores para o 25N e para o 8M, proxecto de xadrez con perspectiva de xénero, crebacabezas creados coas imaxes Brabxs da uvigo, exemplos da exposición permanente do 8M no noso centro, exemplos do nomeamento das aulas con nomes de mulleres senlleiras, caixas luminosas creadas para o 25N, o 8M e a Caixa de igualdade e diversidade, marco de madeira para un photocall, o stand das mulleres escritoras prestado polo departamento de lingua e literatura castelá, calendarios violetas con mulleres senlleiras creados polo alumnado, ademais de pósters con fotos de actividades levadas a cabo no centro en cursos académicos anteriores.

 

Galería de imaxes do evento

Feira EnlazaVigo 2023 Feira EnlazaVigo 2023 Feira EnlazaVigo 2023 Feira EnlazaVigo 2023 Feira EnlazaVigo 2023 Feira EnlazaVigo 2023 Feira EnlazaVigo 2023 Feira EnlazaVigo 2023 Feira EnlazaVigo 2023 Feira EnlazaVigo 2023 Feira EnlazaVigo 2023 Feira EnlazaVigo 2023 Feira EnlazaVigo 2023 Feira EnlazaVigo 2023 Feira EnlazaVigo 2023

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License