Skip to main content

Día das escritoras

Día das escritoras, con Cris Pavón

 

Co gallo do Día das mulleres escritoras celebrado esta semana, tivemos a honra de levar a cabo no IES de Teis a presentación do libro Eva e Lucy da nosa compañeira do Departamento de Informática e xa xubilada, Cris Pavón. Esta actividade foi organizada polo Grupo de Igualdade e Diversidade do centro xunto co equipo da Biblioteca, nun magnífico evento conducido por Marta Rey compañeira de departamento da nosa convidada. Nesta media hora puidemos achegármonos á súa traxectoria como escritora, coñecer o porqué das varias obras que xa leva publicadas, e compartir con ela a súa visión do mundo como muller dende as ciencias e a tecnoloxía, así como a súa perspectiva feminista e de loita permanente pola igualdade. Antes da presentación, Cris accedeu encantada a facer unha entrevista en RadioTeis da man de dous dos seus ex-alumnos, Lucas e Efrem.

Grazas por ter compartido todo isto con nós. Agardámoste para o vindeiro libro, nesta que é a túa casa.

 

Eva e Lucy da editorial Galaxia. Gozade coa lectura!

 

Imaxes do evento

Día das escritoras, con Cris Pavón Día das escritoras, con Cris Pavón Día das escritoras, con Cris Pavón Día das escritoras, con Cris Pavón Día das escritoras, con Cris Pavón Día das escritoras, con Cris Pavón Día das escritoras, con Cris Pavón Día das escritoras, con Cris Pavón Día das escritoras, con Cris Pavón

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License