Ola,
Como imaxino que xa sabedes, o próximo mércores 15 de marzo, vou facer un exame de recuperación para aquelas persoas que non superaron o exame teórico da 2º avaliación. Como ata o luns non saberedes as notas, animo a todas as persoas que teñan dúbidas se aproban a repasar a materia, que repasar non lle fai mal a ninguén.
Así mesmo, independientemente de que ese día se faga o exame, as persoas aprobadas, deben vir igualmente a clase.
En canto ao luns, se queredes ver o exame é mellor que en vez de vir ao taller 1, veñades a verme no recreo que ainda que estou de garda, terei os exames conmigo. A verdade e que non sei onde me toca a garda, xa que cada semana é diferente pero pode vir a preguntarme a delegada ao taller 1 dende as 9.00h. Deste xeito, non interrumpimos as clases..
Por último, xa tedes explicados na aula virtual os requisitos para o traballo de decoración voluntario. A entrega do mesmo será o mesmo día do exame de recuperación ao finalizar a clase, así podedes empregar as horas previas para decorar tips cos recursos da aula.
Un saúdo,
Tania