Recuperación exame teórico e traballo voluntario de decoración

Recuperación exame teórico e traballo voluntario de decoración

por Tania Trigo Trigo -
Número de respostas: 0

Ola, 

Como imaxino que xa sabedes, o próximo mércores 15 de marzo, vou facer un exame de recuperación para aquelas persoas  que non superaron o exame teórico  da 2º avaliación. Como ata o luns non saberedes as notas, animo a todas as persoas que teñan dúbidas se aproban a repasar a materia, que  repasar non lle fai mal a ninguén.

Así mesmo, independientemente de que  ese día se faga o exame, as persoas aprobadas, deben vir igualmente a clase.

En canto ao luns, se queredes ver o exame  é mellor que en vez  de vir ao taller 1, veñades  a verme no recreo que ainda que  estou de garda,  terei os exames conmigo. A verdade e que non sei onde me toca a garda, xa que cada semana é diferente pero pode vir a preguntarme  a delegada ao taller 1 dende as 9.00h. Deste xeito, non interrumpimos  as clases..

Por último, xa tedes explicados na aula virtual os requisitos para o traballo de decoración voluntario. A entrega do mesmo será o mesmo día do exame de recuperación  ao finalizar a clase, así  podedes empregar as horas previas para decorar tips cos recursos da aula. 

Un saúdo, 

Tania