You are hereCorrespondentes Xuvenís / Información Xuvenil
Información Xuvenil
Creación Nova: axudas do Injuve
O Instituto da Xuventude, Injuve, convoca axudas económicas para favorecer o traballo dos mozos/as creadores/as, coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra, á vez que propiciar a súa incorporación ao ámbito profesional, mediante a axuda a proxectos a desenvolver durante o ano 2020 no ámbito das artes visuais, escénicas, musicais, literarias, así como nos do deseño e o cómic e ilustración
Ampliación de liñas para usar a tarxeta de Xente Nova de transporte metropolitano
A Tarxeta Xente Nova é a tarxeta de transporte metropolitano de Galicia que permite realizar viaxes interurbanas gratuítas.
Quen a pode utilizar?
Mozos de entre 4 e 20 anos, porque os menores de 4 anos xa viaxan gratis no transporte interurbano. Cando cumpras 21 poderás seguir usando a tarxeta ata que se esgote o saldo.
Exposición virtual das ilustracións seleccionadas no concurso do Injuve 30 diasencasa
Xa podes disfrutar da exposición virtual das ilustracións seleccionadas polo Injve no concurso #30díasencasa
http://www.injuve.es/creacionjoven/noticia/ilustraciones-30diasencasa
Fotografías desde as fiestras. Técnicas para mellorar as túas imaxes
Desenfocadas, sen encadre, con pouca luz... Cantas veces lle teremos botado a culpa ao noso móbil pola mala calidade das fotos cando era só cuestión de falta de pericia ou de técnica. Por iso, bota a andar Clic Xanela, un curso de fotografía en liña con sinxelos consellos impartidos por Óscar Corral.
Todos e todas en forma!!
O Concello da Coruña quere que a mocidade se manteña en forma durante estes días de confinamento, para iso publica unha serie de exercicios en liña, entre os cales hai varios específicos para mozos e mozas.
Trátase de trinta audiovisuais creados e gravados polas monitoras e monitores das Escolas Deportivas Municipais, deseñados especificamente para practicar na casa durante o Estado de Alarma e adaptados ás distintas idades, distribuídos en vídeos de quecemento para todas as idades, vídeos para infantil e xuvenil (de 6 a 17 anos) e vídeos de exercicios para maiores de 18.
Como será o 3º trimestre do curso?
A consellería de Educación publica as instruccións para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20
Como van ser os exames da ABAU 2020?
A CIUG, Comisión Interuniversitaria de Galicia, ven de publicar na súa web os modelos de exames para a ABAU 2020:
Encontro interxeneracional
O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Saturnino Montojo de Ferrol envíanos o cartel do encontro interxeneracional que mantiveron o día 9 de marzo coas mulleres do Espazo +60 de Afundación
Parabéns pola iniciativa!
A viaxe de Ruth: un retrato da Galicia rural e mariñeira dos anos 20
A Asociación cultural Dous Punto Oito publicou na rede o seu documental A viaxe de Ruth. Dirixido por Jaime Pardo e Xosé Reigosa, o documental segue o fío da propia viaxe da fotógrafa Ruth Matilda Anderson e o seu pai pola Galicia dos anos 1924 a 1926. Con entrevistas a expertos, comparativa entre o escenario das fotos e o actual, entrevistas a descendentes dos protagonistas das fotos e coidadas recreacións da viaxe, o documental permítenos comprender as circunstancias de elaboración dun dos corpus fotográficos máis importantes da Galicia de principios do século XX. Podes velo completo nesta nova.
O cómic El Héroe 1 de David Rubín en aberto
A editora vasca Astiberri abriu ao público de xeito gratuíto a edición electrónica de El Héroe volume 1, obra do ourensán David Rubín. A primeira parte desta novela gráfica, que marcou o despegue internacional do autor, está dispoñible no marco da iniciativa "Astiberri en pixama", coa que a editora convida a ler de balde varias das súas obras en catálogo ademais de propor actividades e encontros virtuais con diferentes autores para o período de illamento.
El Héroe: https://www.astiberri.com/products/el-heroe-vol-1
Outras bandas deseñadas dispoñibles en aberto: https://www.astiberri.com/posts/astiberri-se-queda-en-casa
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »