You are hereCorrespondentes Xuvenís / Información Xuvenil
Información Xuvenil
Feira de estudos e carreiras da UE de Político/a
A Feira de Estudos e Carreiras da UE de Político/a é o lugar de encontro anual que reúne a universidades e organizacións do mundo con estudantes e mozos/as profesionais que buscan un futuro en asuntos da UE, Relacións Internacionais, Ciencias Políticas, Negocios, Economía, Políticas Públicas, Asuntos Públicos e Lei .
Datas da Abau 2021
Na web da Comisión interuniversitaria de Galicia, CIUG, xa están publicadas as datas provisionais da ABUA de 2021:
Convocatoria ordinaria: 8, 9 e 10 xuño
Convocatoria extraordinaria: 13, 14 e 15 xullo
Máis información sobre as convocatorias e modelos de exames: https://ciug.gal/gal/home
Vive a diversidade, vive a inclusión. Educa en positivo
A Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans e Bisexuais (FELGTB) organizan as X Xornadas Estatais de Educación como espazo de encontro entre profesionais, persoas interesadas, asociacións e institucións que buscan conseguir a inclusión e o respecto á diversidade (corpos, identidades de xénero, expresións de xénero e orientacións sexuais) tanto a nivel legal como real no mundo educativo.
Como afectou a crise do coronavirus nas actitudes e formas de vida da xente nova?
O Centro Reina Sofía sobre Adolescencia e Xuventude publica "De puertas adentro y de pantallas afuera. Jóvenes en confinamiento"
The conversation
A Universidade de Santiago adheriuse á plataforma The Conversation, plataforma de divulgación do coñecemento, que conta na súa base de datos con 113.900 autores procedentes de 3.713 universidades e centros de investigación internacionais.
Coñecendo as nosas deportistas
Coñecendo as nosas deportistas é un proxecto da Secretaría Xeral da Igualdade, que pretende achegar unha serie de actividades, pequenas entrevistas e vídeos co obxectivo de coñecer a vida e opinións de mulleres referentes en distintas modalidades deportivas e visibilizar a situación da muller galega no deporte.
Recursos didácticos online sobre o proceso cinematográfico
A Asociación cultural Olloboi, pon á vosa disposición os seguintes recursos educativos en galego:
- Montaxe dunha curta: presentación para aprender paso a paso a editar con Corel Video Studio (30 días gratis), Premiere Clips (para móbil, gratuíta), PiTiVi (para Linux).
- Charlas e actividades Aprendo con Olloboi para aprender sobre cine da man de cineastas e películas galegas. Un capítulo adicado a cada área da produción: guión, son, fotografía, edición… cunha breve clase online, impartida por artistas, e logo actividades en galego, para afondar. Interesante charla entre Sandra Sánchez e Jorge Coira.
Poden servos útiles tamén os enlaces da canle educativa Educlip, a páxina de realizadores/as de Galicia CREA ou a de Novo Cinema Galego.
Gala final de Xuventude Crea 2020
Podes disfrutar na nosa canle de youtube da gala final de Xuventude Crea 2020, con entrevistas aos mozos e mozas premiados/as, actuacións e entrega de premios.
Gala final na canle de youtube de Xuventude: https://www.youtube.com/watch?v=2H1gnNUPbbw
Axudas a vítimas da violencia de xénero
A Secretaría Xeral da Igualdade convoca as seguintes axudas:
- Axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, e que dependesen economicamente da súa nai e/ou do seu pai agresor.
- Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que resultasen gravemente feridas, con lesións que requiran hospitalización, como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero.
Axudas contra a violencia de xénero
A Secretaría Xeral da Igualdade convoca a seguintes axudas en materia de violencia de xénero
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »