CUALE
Que é o programa CUALE?
O programa CUALE (Cursos para a Formación Complementaria da Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras) consiste nun curso no que se prepara ao alumnado para a realización das probas de certificación da Escola Oficial de Idiomas. Os cursos son gratuítos e ofertados polo centro.
Idioma e nivel
Inglés, nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas (MCER).
Requisitos de inscrición
Alumnado matriculado no primeiro curso do bacharelato no ano académico 2024-2025.
Plazas ofertadas
Máximo de 20 alumnos/as.
Criterios de selección do alumnado
Se o número de solicitantes fose maior que o número de plazas dispoñibles os criterios de selección, por orde de prioridade, serán os seguintes:
- Cualificación final da materia de lingua inglesa do curso 2023-2024.
- Cualificación media do curso no que estivese matriculado/a o/a alumno/a no curso 2023-2024.
Vantaxes do CUALE
O alumnado procedente dos cursos CUALE que se matricule para realizar as probas de certificación na Escola Oficial de Idiomas de Vigo terá carácter de alumnado oficial para os efectos do número de convocatorias, polo que disporá das convocatorias ordinaria e extraordinaria para superar as probas correspondentes, unicamente no idioma e nivel cursado no programa CUALE, e non terá que aboar os prezos públicos polo acceso ás probas de certificación. Esta exención inclúe o concepto de apertura de expediente académico.
Cando e onde inscribirse?
Prazo de inscrición oficial: desde o 1 de setembro ao 11 de setembro de 2024 (ambos incluidos).
Normativa
Resolución do 10 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.