Thinking Allowed: Teenage students have their say on Human Rights. 1-7 February 2018
Entre os días 1 a 7 de febreiro desenvolverase no IES San Rosendo de Mondoñedo a reunión dos profesores e alumnos participantes no programa Erasmus+ Thinking Allowed: Teenage students have their say on Human Rights. Recibiremos no instituto a 22 alumnos e 8 profesoras procedentes de Italia, Rumanía, Francia e Grecia.
O programa que se desenvolverá é o seguinte:
1 Febreiro (xoves)
Chegada do alumnado dos distintos países a Mondoñedo. Recepción por parte das familias.
2 Febreiro (venres)
9.30 IES San Rosendo. Recepción no instituto
Recorrido polo instituto
Exposición do proxecto. Inauguración
Presentación de cada instituto participante
12.30 Recorrido por Mondoñedo
13.30 Recepción no concello
Comida e tarde coas familias
3 febreiro (sábado)
9.30 Saída de Mondoñedo
Visita cultural a Santiago de Compostela, lugar de peregrinaxe que comparte o espírito e os valores promovidos pola declaración dos Dereitos Humanos.
Visita da catedral e lectura na praza de Praterías de textos significativos escritos por mulleres dos 5 países. Compromiso de crear un club de lectura relacionado co xénero para compartir textos literarios relevantes.
Visita guiada polo alumnado destacando as figuras de mulleres en Compostela.
Visita ao museo do Pobo Galego
20.00 Hora de chegada a Mondoñedo
4 febreiro (domingo)
Día coas familias (posible actividades: visita a Lugo ou á costa da Mariña.
5 febreiro (luns)
9.30 – 12.00 Estudantes Erasmus nas clases cos seus compañeiros.
12.30 – 15.00 Actividades do proxecto: As mulleres na democracia en España. Situación nos outros países. Discusión.
Mostra de debate parlamentario por parte do centro grego.
Comida
16.30 Ruta a pé (se as condicións meteorolóxicas o permiten. Se non se pode realizar, o alumnado permanecerá nas aulas e asistirán as clases cos Erasmus)
18.10 Tarde coas familia
6 febreiro (martes)
9.30-12.00 Actividades do proxecto. Presentación de proxectos levados a cabo nos distintos centros en relación co xénero.
12.30 Roleplays e breves representacións teatrais sobre situacións de xénero discriminatorias.
Creación dun listado de problemas cos que se teñen que confrontar as mulleres.
Declaración de intencións en relación co tema.
15.00 Comida de despedida no instituto.
7 febreiro (mércores)
Despedida. O alumnado partirá en microbuses dende Mondoñedo cara ao aeroporto.