Entrega do premio extraordinario de bacharelato a Patricia Martínez Paz

A alumna do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo, Patricia Martínez Paz, resultou gañadora dun dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2013-2014, convocados pola Orde do 12 de xuño de 2014. O xoves 18 de marzo foi a entrega de ditos premios na Sala de Convencións do Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura. Neste acto valorouse o esforzo e a calidade do noso alumnado que, a pesar dos múltiples e contínuos recortes, está a facer un labor extraordinario.

Foto en www.farodevigo.es

A nova na prensa: