A figura do Apalpador no IES San Rosendo
O equipo de Normalización Lingüistica do IES San Rosendo de Mondoñedo fixo unha caracterización do Apalpador este venres para reivindicar a recuperación das costumes galegas. Este foi o mensaxe que deixou:
A nova en Cronica3.com A Mariña
Vén o Apalpador dicirnos
NÓS AO NOSO!
O NOSO
non era confundir
lecer con consumo
nin vacacións
con centros comerciais!
O tempo libre
debe axudar
a facernos libres!
Di o Apalpador
RECUPEREMOS O QUE NUNCA
DEBEU QUEDAR ATRÁS
A relación co mundo que nos rodea
Coa xente. Coa vida!
Sintamos
O airiño na cara
A chuvia nas mans
O descanso ao abeiro da pedra
A mansa tranquilidade
dun carballo
Unha conversa á raxeira
A enerxía do río, do mar
do monte!
Di o Apalpador
de onde eu veño
OS FROITOS DA TERRA
SON AGASALLOS!
DE HABER OUTROS…
QUE SEXAN en galego!
GALANIÑOS NA NOSA LINGUA