Probas de acceso aos Ciclos Formativos de Grao Superior. Convocatoria 2014

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR

CONVOCATORIA 2014

 

REQUISITOS DE INSCRICIÓN GRAO SUPERIOR: As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior van dirixidas ás persoas que non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Será condición imprescindible para concorrer á proba ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.

Así mesmo, tamén poderá presentarse quen teña cumpridos dezaoito anos no ano natural de celebración da proba e dispoña dun título de técnico relacionado coa familia profesional incluída na opción á que opta.

ESTRUCTURA E ORGANIZACIÓN DA PROBA:

A proba divídese en dúas partes:

- Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas

- Parte específica: Organizarase con base en tres opcións, A, B e C, en función das familias profesionais e as materias de referencia establecidas para cada unha delas. A persoa aspirante deberá elixir unha das tres opcións no momento de formalizar a solicitude de inscrición para a proba, escollendo dúas das tres materias das que desexe que se lle examine:

Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía e cidadanía.

Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.

Opción C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.

A proba dará lugar á obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.

No caso de superación da proba, a devandita certificación incluirá a relación de familias profesionais nas que se posibilitará o acceso a ciclos formativos de grao superior en función da opción elixida, nas condicións de admisión que se establezan.

Para quen realizara a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a superara na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco durante un máximo de dous anos nas probas de acceso a ciclos formativos de grao superior en Galicia.

EXENCIÓNS

Poderán quedar exentas da totalidade da proba as persoas que acrediten ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

As persoas que soliciten a exención parcial da proba deberán formulalo no momento da inscrición. Non será preciso que acheguen a documentación académica que tivera que ser expedida por centros de ensino público de Galicia, agás que lles sexa demandada. No resto dos casos, á solicitude deberán achegarlle a documentación acreditativa correspondente, orixinal ou copia compulsada, de acordo co seguinte:

a) Exención da parte común da proba:

- Certificación de ter superada a proba de acceso a outros ciclos formativos de grao superior de réxime xeral non incluídos na opción pola que se presente.

- Certificación de ter superada unha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño.

b) Exención da parte específica da proba, acreditando unha das seguintes circunstancias:

- Certificación de superación dun ciclo formativo de grao medio que pertenza a algunha das profesionais incluídas na opción pola que se presente.

- Certificación de superación dun certificado de profesionalidade de nivel dous ou superior dalgunha das familias profesionais incluídas na opción pola que se presente.

- Acreditación como mínimo dun ano de experiencia laboral en xornada completa en campos profesionais que se correspondan con algunha das familias profesionais incluídas na opción pola que se presente. As persoas interesadas deberán cumprir este requisito con anterioridade ao remate do período de inscrición para as probas.

No caso de traballadores e traballadoras por conta allea, a documentación para presentar será a seguinte:

- Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou da mutualidade laboral en que se estivese afiliado/a, onde conste a empresa e o período de contratación (vida laboral). No caso de persoal das Forzas Armadas, certificación de vida laboral expedida pola pagadoría do centro de destino actual, onde consten os empregos desempeñados por destino, coa especialidade militar e o período de exercicio.

- Certificación da empresa en que se adquirira a experiencia laboral, onde se fagan constar especificamente as actividades laborais desenvolvidas pola persoa interesada relacionadas co campo profesional que corresponda cos estudos que pretenda cursar, e número de horas dedicadas a elas.

No caso de traballadores e traballadoras por conta propia, a documentación para presentar será a seguinte:

- Certificación do período de cotización no réxime especial de traballadores autónomos.

- Memoria descritiva segundo o modelo do anexo VIII, realizada pola persoa interesada, das actividades desenvolvidas durante o exercicio profesional.

As persoas que teñan a condición de deportistas de alto nivel ou de alto rendemento poderán  a exención da parte específica da proba no caso de escoller a opción C, consonte o establecido no artigo 9.3.a do Real decreto 971/2007, do 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel e alto rendemento, e no artigo 36.1.f da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia. De non autorizar a consulta da súa situación cumprirá que acheguen á solicitude unha certificación da resolución de deportista de alto nivel ou de alto rendemento do organismo correspondente.

 

CALENDARIO PROBAS 2014

Fechas de inscripción: 10-21 marzo

Publicación das listaxes provisorias (de inscrición, de exencións, de proba adaptada): 4 abril

Reclamación contra as listaxes provisorias: 7-10 abril

Publicación das listaxes definitivas (de inscrición, de exencións, de proba adaptada): 24 abril

Publicación dos centros públicos onde se realizarán as probas cos centros de inscrición que teñen adscritos: 24 abril

Celebración da proba: As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 7 de maio de 2014 no horario que se indica deseguido:

- Ás 9:00 horas: presentación.

- Das 10:15 ás 13:30 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua galega e Lingua castelá).

- Das 16:00 ás 18:30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder).

As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.

Publicación da listaxe de cualificacións provisorias : 19 maio

Reclamación contra a listaxe de cualificacións provisorias:   20-22 maio

Publicación da listaxe de cualificacións definitivas:  2 xuño

Entrega de certificados nos centros: A partir do 3 de xuño

Recursos ás cualificacións definitivas de probas de acceso:   3 de xuño - 3 de xullo

Resolución administrativa: 3 xuño- 30 setembro

 

Máis información en:

                                                      http://www.edu.xunta.es/fp/probas