ALUMNAS DO IES SAN ROSENDO GAÑAN O PRIMEIRO E O SEGUNDO PREMIO NO CONCURSO DE BANDA DESEÑADA DO IES PERDOURO DE BURELA

   No concurso de creación de BD convocado polo IES Perdouro de Burela, no marco dos V Encontros de Banda Deseñada da Mariña, as alumnas de 4º da ESO Sara Palomino Arnánz e Myriam López Otero coa obra "O segredo da pintura" foron as gañadoras do 1º premio e as alumnas Aurora Rodríguez García e Antía Fernández Fernández gañaron o 2º premio coa obra "Unha viaxe redonda".