Actividades do programa Catuxa sobre a violencia de xénero

Os alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES San Rosendo participaron na actividade CATUXA “Achegándonos á violencia de xénero para desmontala”.

A finalidade desta actividade foi visibilizar a violencia de xénero para poder traballala desde o ámbito preventivo e así reducir o limiar de tolerancia cara ás violencias machistas a través de análises sobre o concepto da violencia de xénero, as causas e consecuencias.

 

A través do visionado de varios vídeos e diversas dinámicas nas que participaron de forma moi activa, a rapazada entendeu que é a violencia de xénero, como forma de exercer o poder e o control baixo o sistema patriarcal dun patrón cultural e social baseado na desigualdade. Tamén comprendeu onde está a súa orixe e como identificar os factores de aparición e perpetuadores de violencia, así como as súas consecuencias.

 

Conscientes de que a adolescencia é a etapa da vida na que os mozos e mozas aprenden as pautas de interacción que logo consolidan na vida adulta, resulta fundamental este tipo de actividades para identificar e frear os primeiros indicios de comportamentos abusivos nas relacións interpersoais, evitando que poidan derivar en condutas violentas de maior gravidade en posteriores relacións afectivas.

 

Está dispoñible o teléfono de atención da Unidade de Xénero para Adolescencia do Programa CATUXA: 604067520

http://amariñaxa.com/2019/04/13/as-actividades-do-programa-catuxa-chegaron-a-mondonedo/