Skip to Content

GAÑADORES CONCURSO DE RELATOS DE SAMAÍN

XA TEMOS RELATOS GAÑADORES!!!

Non foi nada doado escoller entre os 27 relatos de Samaín que se presentaron a concurso e que, de xeito tan divertido, contou o noso alumnado de 1º e 2º de ESO  durante os recreos destas dúas semanas. Así que os premios foron dados por votación popular.

Participaron un total de 47 rapaces e rapazas e outros tantos como o mellor e máis entregado público que calquera Biblioteca poida ter.

Un luxo ver como a rapazada se interesa por participar e por compartir eses momentos de lecer na nosa biblio.

Grazas a todos e a todas: participantes, público, equipo de biblioteca, dirección, ANPA e profes que colaboraron para que todo fora un éxito.

Non esquezades premer nos PREMIOS para coñecer aos gañadores e gañadoras ;)

 

CONTADAS: CONCURSO DE RELATOS DE SAMAÍN 17.

Aquí temos as fotos de todas as parellas e equipos que participaron no Concurso de Relatos de Samaín da biblio: 23 contos e a biblio chea de xente durante os primeiros recreos... e así levamos xa máis dunha semana

(Non esquezades premer nos números para ver aos nosxs participantes)

SAMAÍN E MAGOSTO NO IES

SAMAÍN E MAGOSTO NO IES

OS XOGOS DO SAMAÍN

OS XOGOS DO SAMAÍN

EPITAFIOS DE ESCRITORXS

PREME NOS MOREGOS PARA VER OS EPITAFIOS:

Presentación e inicio do Club de Manga e Anime TUITAKU 17

Os responsables do TUITAKU invitan á comunidade educativa á presentación do Club de Manga e Anime do IES que terá lugar o luns 9 no 2º recreo na sala de Usos Múltiples do centro.

 

 

Concurso de relatos de Samaín 2017

para ver as bases abre o seguinte adxunto:

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL AMPA SAN PAIO, CURSO 2017-2018

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL AMPA SAN PAIO (TUI)

CURSO 2017-2018

 

AVISO IMPORTANTE FONDO LIBROS

POR CUESTIÓNS TÉCNICAS PUBILICARASE A LISTAXE DEFINITIVA DE FONDOS LIBROS Ó LONGO DO LUNS 18

DESCULPEN AS MOLESTIAS

BECAS MEC

Convocadas becas e axudas para estudar bacharelato ( prazo de presentación de solicitudes finalizará o 03/10/2017) e becas e axudas para alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo (prazo de presentación de solicitudes finalizará o 28/09/2017). Para máis información pinchar aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut