Skip to Content

Contos e música no Nadal na E.I. GALIÑA AZUL

Música e contos para compartir o Nadal cos máis pequenos. Hoxe levámoslle un pouco de música e contos aos nosos veciños da Escola Infantil. Comezou esta pequena convivencia un coro de alumnos de música que puxo voz a "Let it Swow". Logo os de 1º ESO narraron o conto "O boneco de neve feliz" e dramatizaron "O abeto e o apalpador" (con acompañamento musical de 1º BAC). Chegou despois o momento das panxoliñas que ofreceron alumnos de música de 2º ESO e foi a coda a interpretación "a capella" (4 voces) de "Hit the Road Jack". Non faltou un agasallo improvisado: o "Happy Birthday" coreado por todos para un neno que estaba de aniversario. Rematamos deixando que os máis pequenos tocasen algúns instrumentos pois hai que facer canteira e, de feito, algúns danlle con xeito ao teclado ou a dirección de orquestra...

 

 

XOGOS E DEPORTE NO FIN DE TRIMESTRE

  

 

PREME NO BOLETÍN PARA O DESCARGAR:

SESIÓN DE QUIDDICH para o CLUB TUITAKU

Na tarde do vindeiro luns 18 o Club Dinasour´s Army visitará ao Club de Manga e Anime "Tuitaku" do noso centro para ensinarnos a xogar a este novo deporte e botar unas partidas. 

Xa temos preparadas as nosas 40 vasoiras!!!

MÚSICA E CONTOS NO NADAL na Galiña Azul

Un ano máis o noso alumnado visitará a Escola Infantil Galiña Azul co gallo do Nadal. Os nosos músicxs, actores e actrices e contacontos xa están preparando as súas pezas para compartir cos peques de Tui.

Entrega de Premios CONCURSO DE HAIKUS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

No segundo recreo do venres 1 de decembro tivo lugar a esperada entrega de premios dos Haikus contra a Violencia Machista.

Boa participación, interesante orixinalidade dos haikus, diversidade de técnicas polo que so nos queda  felicitar a todo o alumnado e profesorado que fixeron posible esta actividade.

Queredes coñecer ás persoas gañadoras? Pasa co rato na imaxe e descúbreas.  

Conmemoración 24 novembro

Neste frío e solleiro último mércores de novembro lembramos a lacra da violencia machista. No primeiro recreo a música e a danza tomaron a entrada do instituto. De fondo os paneis cos haikus e as 77 vítimas mortais do que vai de ano. Iria, de 3º C, protagonizou a danza mentres alumnado de distintos cursos ocupouse do acompañamento musical.

E pasaban poucos minutos do mediodía cando diante da fachada principal do centro escenificamos a traxedia das vítimas do machismo rampante. Mes a mes, ían caíndo, sen présa e sen pausa mentres a fera machista campaba ás súas anchas ata que, acurralada, sucumbe. Cando no mundo real este final será posíbel?

Parabéns por este acto e moitas grazas a tod@s!

Cartel feito por Shelma e Assia

Nube de palabras feita por André e David

1ºESO C

 

 

CONCURSO de HAIKUS Contra a violencia contra as mulleres.

PREME NA IMAXE PARA COÑECER AS CARACTERÍSTICAS DO CONCURSO:

Distribuir contido


by Dr. Radut