Skip to Content

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

RESUMO DO QUE FOI, DO QUE ACONTECEU, DO GRAN EQUIPO QUE SOMOS. 

E DENDE O IES SAN PAIO DICIMOS:

NON Á VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

25 novembro: Día internacional contra a Violencia contra a Muller

Mañá, venres, imos conmemorar un ano máis o Día contra a Violencia contra a Muller e -engadimos- contra os nenos e nenas das familias desas mulleres.

Despois de traballar nas titorías e en distintas clases, culminamos os actos deste día cunha representación de música e danza de alumnado de 4º ESO e 1º de Bach que terá lugar no SALÓN DE ACTOS no 1º recreo.

Durante toda a mañá poderemos ver o vídeo coas mensaxes do noso alumnado no recibidor do centro.

Ao término do 2º recreo, poderemos sentirnos a PEPA da historia que conta a socióloga Carmen Ruíz Repullo e decidir por onde queremos subir as escaleiras e cales son as consecuencias da nosa escolla.

Equipo Infantil Masculino no Campionato de España de Centros Escolares de Orientación

A Selección Galega (cadetes e infantís), o IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz e o noso IES forman a A comitiva galega que está a participar no Campionato na cidade de A Coruña.

Hoxe venres correron distancia media con boas puntacións. Mañá será a carrera de longa distancia no Barrio das Flores e o domingo Relevos mixtos na Cidade Vella de A Coruña.

Unha gran experiencia que están compartindo con outros 400 rapaces e rapazas de todas as comunidades autónomas e moitos centros escolares.

C

AVISO PARA AS FAMILIAS

Ante a petición feita á Consellería de Educación para solicitar o día 2 de novembro como día non lectivo a proposta do Claustro de Profesores e do Consello Escolar do IES San Paio, informamos que dita petición foi denegada á espera de atopar un consenso nos centros do Concello de Tui e así poder acordar cal será o día que substituirá ao festivo local que coincide en día non lectivo. Polo tanto confirmamos que o vindeiro venres 2 de novembro haberá clase.

FALADOIRO: Orientación a Pé na Eurocidade Tui-Valença

O pasado luns 9 de outubro Ricardo Figueroa, do Club AROMON e da man do Concello de Tui, ofreceu faladoiros a todo o noso alumnado da ESO co gallo da 1ª Proba de Orientación a Pé na Eurocidade Tui-Valença. Moitos xa coñecen este deporte e outros terán o seu primeiro contacto este domingo pero estamos seguros de que tanto o profesorado, o alumnado como as familias participantes pasarán un día divertido cun mapa na man buscando balizas pola fortaleza de Valença e polas rúas vellas de Tui.

 

 

IES SAN PAIO clasificado para o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ORIENTACIÓN A PÉ PARA CENTROS ESCOLARES.

Fai dous anos comezamos unha andaina co deporte de Orientación a pé como quen non quería a cousa e, devagar, chegamos a clasificarnos para participar no CECEO´18.

O noso alumnado participou no Campionato Provincial, clasificándose para o Campionato Galego e nesta importante proba o equipo INFANTIL MASCULINO conseguiu seleccionarse para o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CENTROS ESCOLARES -representando a Galicia nesa categoría- que terá lugar en A Coruña do 1 ao 4 de novembro.

O equipo que vai representar ao noso centro está composto polos fantásticos alumnos:

GARCÍA RODRÍGUEZ, BELTRÁN (3ºC)
SESTELO SOLLA, MARTÍN (2ºA)
JIMÉNEZ DIZ, SANTIAGO (2ºA)
COYA JARAMILLO, XOÁN (3ºC)
SOUTO RODRÍGUEZ, IAGO (3ºC)

 

Toca traballar para preparar a nosa participación e divertirse cunha experiencia deportiva e de convivencia con outros centros buscando balizas polas distintas zonas da cidade de A Coruña.

Os nosos parabéns a todo alumnado participante nos distintos campionatos e unha orgullosa NORABOA! a este equipo que se clasificou.

 

O desenlace do MISTERIO DO CASTRO (XOGO ESCAPISMO MATEMÁTICO)

Aínda non sabes o que aconteceu con Aurelio e Joana?

Entra na web e coñecerás todo sobre O MISTERIO DO CASTRO.

Distribuir contido


by Dr. Radut