Skip to Content

RESUMO DA I COMIC-CON TUITAKU. Todo un éxito.

 

Outro vídeo feito polo Club de Manga e Anime do IES Paralaia (Moaña) aquí

 

VISITA DE ESTUDOS A PORTO (4º de ESO)

   

 

 

 

Os Departamentos de Bioloxía e de Matemática do IES San Paio organizan esta saída didáctica para o alunado de 4º da ESO á cidade do Porto para o vindeiro día 15 de Febreiro.

 

 

Nesta actividade pretende-se asistir a unha sesión do Planetário da Universidade e facer un percurso pola parte monumental da cidade.

 

Para coñecer o programa preme aquí ou no documento adxunto.

A MULLER NA CIENCIA: Encontro con exalumnas científicas

Un bo xeito de visibilizar á muller na ciencia é que as nosas exalumnas nos dean a coñecer o seu propio quefacer nun día como o de hoxe.

Parabéns a todas elas.

 

 

DE AMORIBUS. 14 de febreiro.

 TITORÍAS E MATERIAS

O equipo da Biblioteca ten preparado un concurso adicado ao amor  para todo o alumnado e profesorado.

Esta actividade é un pequeno xogo de coñecemento e investigación no que poden participar de xeito individual ou por equipos (non máis de tres participantes por equipo).

Precisan dun móbil ou dispositivo que teña datos e lector de códigos QR.

 

DESENVOLVEMENTO DO XOGO: 

- Nos corredores do centro están expostos carteis sobre diferentes formas de amor.

- Cada cartel ten un código QR que enlaza co blog da Biblioteca onde está colgada a información sobre a situación ou persona da que se fala.

- Así mesmo, hai dúas preguntas: A primeira é para os niveis de 1º e 2º de ESO e a segunda, para o resto.

- Unha vez se teñan as respostas a todas as preguntas do mesmo nivel de cada cartel, comezarase un Xogo de Breakout on line (ver abaixo os enlaces con QR ou preme na imaxe para acceder).

- Cando o alumnado sexa capaz de rematar o Breakout, deberá pasar pola Biblioteca do IES para acceder ao Concurso.

XOGO PARA 1º E 2º DE ESO XOGO PARA O RESTO DO ALUMNADO

 

Data: 
!dat-abbreviation Dom, 05/02/2023 - 23:00

I XORNADA INTERCULTURAL no IES San Paio

Preme na imaxe para saber máis:

O noso Club Tuitaku na Radio M. de Tui

Preme na imaxe para escoitar a entrevista:

 

CLUB TUITAKU presenta a COMIC-CON na RADIO DE TUI

 

Antía Fernández (2º Bach), Diego Saavedra (2º Bach), Gabriela di Marco (1º Bach), Yago Capllonch (4º ESO), Daniela Sanz (3ºESO) e Ana Castro (3ºESO) como representantes do Club de Manga e Anime do noso IES serán entrevistadxs na Radio de Tui co gallo da I Comic-Con Tuitaku na que teremos como convidados outros catro clubes de Manga dos IES Paralaia (Moaña), Álvaro Cunqueiro (Vigo), Valadares (Vigo) e Indalecio Pérez Tizón (Tui).

Poderedes escoitar a entrevista no seguinte enlace da RADIO MUNICIPAL DE TUI: ESCOITAR EN DIRECTO

 

I Concurso de Mangas

 

 

Publícanse as bases do primeiro Concurso de Mangas do noso Centro. Podedes consultalas premendo na foto ou AQUÍ

Distribuir contido


by Dr. Radut