Skip to Content

Desvelado o misterio do microscopio no lodo... e curso inaugurado!

 

Cada curso é unha viaxe e onte quixemos comezalo con bo pe. 

Así que seleccionamos un público, que desta vez foi o alumnado de 1º Bac (encantaríanos facelo para todos, pero o aforo sempre é limitado); trouxemos a un investigador de recoñecemento internacional (o doutor Tomás Camacho); e convertémonos en espectadores dunha historia redonda, fermosísima e moi ben contada. Unha historia que comeza hai máis de trescentos anos cun vendedor de telas empeñado en ter unha lupa o máis potente posible; que continúa cun dos seus microscopios artesanais arroxado ao fondo dunha canle holandesa; que reaparece cando, hai apenas dous telediarios, se drena a canle e aparecen unha serie de estraños obxectos que alguén pon á venda en Ebay; e que estoupa nun clímax feliz para a ciencia e a historia da humanidade, cando o doutor Camacho descubre o anuncio e se decide a seguir unha tola intuición. Unha desas intuicións que non nace do puro azar, senón da curiosidade, a perspicacia e miles de horas de dedicación.

Así é como se fai a excelencia, e así é tamén como se cultivan as boas historias. Esperamos que este curso sexa para todo o alumnado o inicio dalgunha delas.

Premede nos números para coñecer mellor aos protagonistas do evento... Que teñades un magnífico curso!

INICIO DE CURSO E PRESENTACIÓNS

 

BENVIDOS AO CURSO ACADÉMICO 2019/20 NO IES SAN PAIO

 

O vindeiro luns 16 de setembro comezará o curso académico 2019/20 onde só teremos clase pola mañá para facer as presentacións dos diferentes cursos. Disporemos de transporte escolar para os seus usuarios (MONBUS), que para vir o centro terá o mesmo horario que o resto do curso, e levará de volta ao alumnado da ESO ás 11:30h unha vez rematadas as presentacións. O alumnado de bacharelato, usuario do transporte escolar non disporá do servicio de volta.

 

PRESENTACIÓNS:

 

  • 1ºESO: 09:00H, NO SALÓN DE ACTOS.
  • 2º, 3º,4ºESO: 10:00H, NAS AULAS CORRESPONDENTES.
  • 1ºBACHARELATO: 12:00H, NO SALÓN DE ACTOS.
  • 2ºBACHARELATO: 12:00H, NAS AULAS CORRESPONDENTES.

 

MOI IMPORTANTE!!!!

 

  • Por motivos organizativos, prégase que o alumnado acceda so ó recinto educativo.
  • Non esquezan, que so o persoal autorizado poderá acceder cos vehículos o recinto escolar.

 

 

 

GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN

 

O EQUIPO DIRECTIVO

 

 

 

 

CONCEDIDO O PROXECTO E-DIXGAL PARA 1º ESO

A Consellería de Educación vén de confirmar a concesión ao IES San Paio do Proxecto Edixgal para o vindeiro curso 2019-2020, no nivel 1º ESO.

Mediante este proxecto profesorado e alumnado pasarán a desenvolver a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe. Nesta modalidade impartiranse só as seguintes materias, que non terán polo tanto libro de texto:

MATERIAS DENTRO DO PROXECTO EDIXGAL - 1º ESO
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
EDUCACIÓN FÍSICA
ESTRATEXIAS DE APRENDIZAXE E COMUNICACIÓN
LINGUA CASTELÁ E LITERATURA
LINGUA PORTUGUESA
MATEMÁTICAS
RELIXIÓN

As materias restantes de 1º ESO (que non están dentro do proxecto E-Dixgal) seguirán empregando libros de texto. Podedes consultalos AQUÍ.

Como consecuencia desta nova, as solicitudes e concesións de Fondo Libros quedan anuladas para 1º ESO, que será o curso no que comezará a implementarse o Proxecto Edixgal:

"Segundo o artigo 1 da ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20, o alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2019/20 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquierir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde." (toda a resolución, AQUÍ)

Ao inicio do curso, daremos a alumnado e familias toda a información.

Patrullón de Contadas 2019- Galiña Azul

Dentro da materia Estratexias de Aprendizaxe e Comunicación, disfrutamos dunha entrañable actividade: Patrullón de contadas que consiste en preparar contadas para ilas contar axs cativxs da Galiña Azul.

E un ano máis alí estivemos gastando os nosos recreos con outro tipo de divertimento. Parabéns a todo o alumnado que voluntariamente participou nas contadas e "perdeu" moitos recreos ensaiando.

Sodes Grandes!!!!

I CONCURSO INXENIO MATEMÁTICO

Case unha veintena de equipos desde 1º a 4º de ESO veñen de participar no I Concurso de Inxenio Matemático.

O bo ambiente e o traballo en equipo fixo subir o nivel deste concurso cun  alumnado moi entregado e infinitas gañas de participar e queimar neuronas.

Parabéns rapaces e rapazas!!!

Mañá, no 1º Recreo: OS PREMIOS!!!!!!!

Concurso Fotografia Matemática 2019

Á espera da decisión do xurado sobre a fotografía gañadora, podedes disfrutar das fotos que se presentaron ao Concurso este curso 2018-19.

Grazas ao alumnado participante e que cada ano entrega fotografías máis interesantes e con máis calidade.

Prestade atención que en breve coñeceremos as persoas gañadoras.

Sorte!!

Distribuir contido


by Dr. Radut