Skip to Content

Froita fresca para os recreos

Desde hoxe luns 13 de xaneiro e durante as dúas próximas semanas, teremos dispoñible froita fresca de temporada para completar cunha peza de mazá, plátano ou clementina a merenda do recreo. Estará dispoñible en Conserxería. Lembrade que cinco pezas de froita fresca ao día son esenciais para o aporte de vitaminas, minerais e fibra que necesitamos para prever enfermidades crónicas como síndrome metabólico, obesidade, diabete, enfermidades cardiovasculares,... 

Voluntariado da Biblioteca Escolar 2020

 

Segundo a Convocatoria da Xunta, todo o alumnado colaborador terá recoñecido as horas de voluntariado na biblioteca escolar mediante a emisión dos correspondentes diplomas oficiais da Xunta de acción voluntaria 

 

XORNADA DE XOGOS DE MESA - 20 decembro

Da man do noso Club de Manga e Anime TUITAKU, o vindeiro venres teremos as III Xornadas de Xogos de Mesa e de cartas.

Unha ducia de direfentes xogos estarán espallados polas mesas do centro para que poidades coñecelos e, por suposto, xogalos. Non é necesario saber xogar xa que os monitores do Tuitaku vos explicarán as reglas e como é o xogo.

Pasade pola Vicedirección para vos inscribir nos xogos!


 

Entrevista na Radio: Campionato de España de Centros Escolares.

Xoán Coya, Hugo Vicente, Beltrán García e Iago Souto (4ºESO) son catro dos cinco alumnos (falta David Alonso)  do noso centro que, participaron a pasada fin de semana no Campionato Escolar de España de Orientación a pé. Unha competición celebrada en Hervás, Cáceres.

Para escoitar a entrevista, preme AQ

 

Iniciación ao JUGGER - Club Tuitaku

Iniciación a un novo deporte de equipo da man da Asociación Xuvenil de Valadares -Vigo [@jugger_valladares] para o alumnado do Club de Manga e Anime Tuitaku.

Os CLUBS DE LECTURA danche unha nova oportunidade!!

Se che gusta ler, se es unha persoa que lle gusta compartir e queres pasar uns momentos en compañía de xente coma ti, non deixes de vir a esta cita porque é un pase exclusivo para ti:

CLUBS DE LECTURA "PEDRA DO ACORDO"

Vas deixar pasar esta oportunidade? Sabemos que non ;)

premios CONCURSO 25nov : #TROLEANDOAOMACHISMO

Paula, Ainhoa, Lucía, Lucas e Kevin: Gañadoras e Gañadores do I Concurso de Memes contra o machismo e a violencia de xénero #troleandoaomachismo

 

Bravo por implicarvos, por pensar por vós mesmos e por ser quen de plasmalo graficamente dunha forma tan radicalmente actual. 

 

Mil parabéns, valentes, e que vos guste o voso premio!

 

CECEO 2019: UNIÓN DE EQUIPO E 2 MEDALLAS

A pasada fin de semana disputouse no Valle de Ambroz (Cáceres) o Campionato de España de Orientación a pé de Centros Escolares

Beltrán García, David Alonso, Hugo Vicente, Iago Souto e Xoán Coya (4º ESO) representaron ao equipo galego cadete masculino.

Catro días de entrenos, competicións, actividades de convivencia entre comunidades e equipos doutros centros deron para meter nas súas mochilas unha manchea de experiencias, novas amizades e terlle collido máis paixón a un deporte minoritario que se basea no bo ambiente e na natureza no que o lema é "PRIMEIRO PENSO, DESPOIS CORRO".

E pensaron e correron e tamén trouxeron dúas medallas na proba de "REMUDAS DA AMIZADE" na que David e Hugo, cos seus correspondentes equipos, conseguiron as medallas de prata e bronce respectivamente.

Noraboa aos cinco que ademais de demostrar ser bos estudantes e deportistas tamén tiveron un comportamento exemplar deixando o noso Centro no palmarés.

BRAVO RAPACES, sodes grandes e facedes grande o noso IES! 

Club de lectura PEDRA DO ACORDO... 3,2,1... empenzando!!!!

RAPAZAS E RAPACES DE E DE ESO,

ATENCIÓN QUE XA ESTÁ AQUÍ:

 


 

25 novembro: Día internacional contra a Violencia contra a Muller


Distribuir contido


by Dr. Radut