Skip to Content

CRITERIOS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

 

Segundo a Orde do 28 de outubro de 2021, terán dereito á distribución gratuíta de máscaras:

 

  • As alumnas/os que foron beneficiarias/os do VALE de material escolar neste curso (as recibirán automaticamente, sen necesidade de solicitude).

 

  • Ou alumnas/os que cumpran cunha destas condicións:
    • Familia con renda per cápita inferior ou igual a 6000€.
    • Estar matriculada/o en educación especial.
    • Estar suxeita/o a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
    • Ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.


As solicitudes deben presentarse na Secretaría do centro, no prazo comprendido entre o 15 e o 26 de novembro de 2021, de 9 a 14 horas.

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2021

 

Estimada comunidade educativa do IES San Paio.

Este ano toca renovación de parte do Consello Escolar. A partir de mañá e ata o vindeiro martes 16 de novembro poderán presentarse as candidaturas para os sectores con membros a renovar: profesorado, alumnado e PAS (non hai membros a renovar mediante eleccións no sector de nais, pais e titores legais).

Podedes consultar toda a información (resolución, calendario, circulares, actas da Xunta Electoral, os censos de electores, composición do Consello Escolar a renovar, cartel das eleccións ou o impreso de candidatura) na páxina web do IES, no apartado Novas, sección Eleccións ao Consello Escolar, ou ben directamente na seguinte ligazón:
http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanpaio/node/2712

Aproveitamos para lembrar que é preciso renovar catro alumnos, cinco profesores e un representante do PAS, así que animádevos a presentarvos! Podedes facelo desde mañá ata o vindeiro martes 16, entregando o impreso debidamente cuberto na Secretaría (podedes pedilos alí ou descargalos e imprimilos desde a web, na ligazón sinalada).

 

MAGOSTO_NOVA DATA

Finalmente, dada a previsión de bo tempo, o MAGOSTO celebrarase no noso IES mañán venres día 5 de novembro. Será nas dúas últimas horas para o alumnado da ESO e, ademáis de castañas, haberá xogos organizados polo departamento de Educación Física.

Recordade traer unhas poucas de castañas picadas e MOITAS ganas da pasalo ben!

Samaín 2021 na Biblio: Venres 30

Este venres non tivemos sorte co tempo pero aínda así, na biblio, deu para moito.
Estivemos de ensaios para o concurso de relatos e fixemos experimentos de Samaín coas profes de FQ traballando sen descanso.
E a partir do MARTES vén a biblio nos recreos para participar no CONCURSO ou para ser PÚBLICO das contadas.


NON TEÑAS MEDO! Esperámoste!

ATENCIÓN: MAGOSTO APRAZADO

ATENCIÓN!!! O magosto que estaba previsto celebrar este venres 29 tivo que ser aprazado debido á previsión de mal tempo. En canto teñamos unha nova data xa vola comunicaremos tanto nas aulas coma nesta web.

Concurso de Contadas de Samaín

Como xa sabedes -pois estades colaborando coa decoración- xa case temos a Biblio preparada para o Samaín. E un ano máis animámosvos a participar no noso fantástico RELATO DE CONTOS (bases)

 

Palabra de escritoras!

A escrita en todos os tempos ten nome de muller aínda que moitas veces eses nomes femininos teñan sido esquecidos ou só citados nunha nota ao pé de páxina nas historias da literatura tradicionais. Nos últimos anos distintas iniciativas están a dar visibilidade á labor das mulleres que empuñaron a pluma, das moitas “sin sombrero” que permaneceron silenciadas... xa que as palabras escritas duran no tempo, aproveitamos unha nova edición do Día das Escritoras para dar a palabra a 18 delas. Entra na seguinte presentación interactiva se queres coñecer máis e mellor a vida e obra destas autoras pioneiras.

Distribuir contido


by Dr. Radut