Skip to Content

PROTOCOLO E FORMA DE CONTACTO EN CASO DE DARSE UN POSITIVO POR COVID NO IES

A Xunta de Galicia ten habilitada e operativa unha canle de comunicación interna entre os centros escolares e o SERGAS para a xestión de casos no ámbito escolar. A través desta plataforma todos os centros educativos estamos en permanente contacto coa Central de Seguimento de Contactos (CSC) para que, en caso de alertas de positivos de alumnado ou profesionais, se active inmediatamente o protocolo sanitario, sendo a propia CSC (e non a Dirección ou o Equipo Covid do IES, que actuarán como meros intermediarios entre centro e administración sanitaria) quen toma a partir de entón todas as decisións que correspondan, quen coordina os rastrexos e quen contacta directamente coas persoas afectadas para darlles instrucións.

Así, cando un traballador/a ou un alumno/a do IES resulten positivo nunha proba PCR, serán os técnicos da Central de Seguimentos de Contactos (CSC) quen soliciten de forma inmediata (independentemente do día que sexa) ao Equipo Covid do IES os contactos próximos dese positivo (alumnado e profesorado do grupo, persoas que comparten transporte...). Unha vez facilitada esa información, o centro pasa a seguir instrucións da CSC revisando xuntos todos os contactos e remitíndolle á CSC a información dos mesmos para que dita Central poida contactar con eles e adopten as medidas sanitarias oportunas.

Se un alumno/a ou familia, ou traballador/a do IES, NON foi contactado telefonicamente por Sanidade, significa que non é considerado persoa con risco claro de infección, que non require confinamento nin proba PCR e que debe seguir acudindo ao centro con total normalidade.

Sempre será o SERGAS, como estipula o protocolo establecido pola Xunta a inicio do curso, quen estableza ese contacto en caso necesario, tanto coas familias do alumnado como cos traballadores. 

É unha información que facilitamos para aclarar o modo de proceder de IES e Sanidade ante calquera positivo que se poida dar.  Ánimo, paciencia e responsabilidade.

 



page | by Dr. Radut