Skip to Content

"Los héroes olvidados"

VILLANUEVA EDO, Antonio, Los héroes olvidados, Roca Editorial, 2011, 480 pp.


Desde o ano 828, data na que o médico árabe  Rhazés distinguiu por primeira vez a varíola do resto das enfermidades  exantemáticas, ata que Edward  Jenner atopa  a súa vacina, a varíola tivo unha mortalidade aterradora. Esta enfermidade,  endémica en Europa e Asia, onde non respectou ningunha clase social, foi levada polos conquistadores europeos a América, onde produciu a morte dunha  elevadísima taxa da súa poboación indíxena.


En 1803, o rei Carlos IV de España ordenou que se organizase a Expedición  Filantrópica da Vacina destinada a levar este método de prevención a aquelas terras. A expedición foi encomendada a un grupo de cirurxiáns, enfermeiros e nenos portadores da vacina.


Esta novela narra as peripecias e penalidades que soportaron todos ao longo do seu percorrido e a excelencia do seu traballo. É unha homenaxe aos nenos anónimos que transmitiron a vacina que portaban nos seus brazos e aos demais membros da Expedición, algúns dos cales deron a súa vida durante o exercicio do seu traballo en circunstancias dramáticas.

Podes ler esta novela aquí: https://www.librosdemario.com/los-heroes-olvidados-leer-online-gratis



book | by Dr. Radut