Skip to Content

Martes 28 marzo

Segundo día de viaxe.

Hoxe toca Salamanca, temos toda a xornada para deambular desde a Praza Maior ata as beiras do Tormes onde saudaremos a Lázaro, desde as catedrais (dúas mellor que unha) ata a universidade de Frei Luis e Unamuno, desde a casa Lis e as súas bonecas ata a casa das Conchas e a súa biblioteca... e fronte a Clerecía... e buscaremos e atoparemos a ra na fachada da universidade ou o astronauta na da catedral nova... visitaremos a Calisto e Melibea na súa horta e na Cova de Salamanca asistiremos a unha clase de nigromancia e bruxería impartida polo propio Satanás e... ata que o corpo aguante.



book | by Dr. Radut