Skip to Content

Orientación a Pé.

Un ano máis uns 180 alumnos e alumnas do noso IES van participar nos campionatos de Orientación a Pé comezando cos Zonais da provincia de Pontevedra.

Para preparar a nosa participación faremos repaso do esencial dunha carreira de orientación a pé no 1ºrecreo do martes 19 En Usos Múltiples.

Cómpre ter frescos tamén os símbolos do mapa que podedes repasar con este documento

 

 

En canto á carreira en sí, a organización dará unha pequena charla, na que se adiantan os puntos fundamentais para completala correctamente:

  • O percorrido debe facerse en silencio.
  • As distancias para esta proba serán:
    • Infantil: 1,9kms (60m desnivel)
    • Cadete: 2,4kms (85m desnivel)
  • Deben visitarse as balizas (puntos de control) na orde establecida no mapa (1, 2, 3, 4, ...).
  • Si se picase unha baliza incorrecta, sempre se pode continuar se o resto do percorrido se fai correctamente
  • As tarxetas electrónicas teñen un límite de 20 balizas, polo que non é recomendable marcar unha baliza que non sexa nosa (sempre se debe confirmar o código previamente).
  • No mapa existirá un ou varios bucles, como o que deixamos a continuación:

  • O exemplo anterior determina que as balizas 1, 4 e 7 son a mesma, pero que SEMPRE hai que pasar por ela no momento que corresponda. Quere isto decir que iríamos á nosa baliza 1, logo á 2, despois á 3, e posteriormente, volvemos a pasar pola 4 (que era a mesma que a 1). Se non se fai nesa orde, a carreira non é válida.


page | by Dr. Radut