Abril 2013
O gardián invisible de Dolores Redondo |
|
Un exitoso thriller que mestura a investigación dunha trama de crimes de carácter aparentemente sexual e que frisan a pederastia cun trasfondo lendario que semella procurar explicación para os feitos investigados nos basajauns, sorgiñas, lamias e belagiles, personaxes míticos das terras navarras do Batzán. |
|
«Ainhoa Elizasu foi a segunda vítima do basajaun, malia que entón a prensa aínda non o chamaba así. Foi un pouco máis tarde, cando transcendeu que arredor dos cadáveres aparecían pelos de animal, restos de pel e rastros dubidosamente humanos, unidos a unha especie de fúnebre cerimonia de purificación. Unha forza maligna, telúrica e ancestral parecía marcar os corpos daquelas case nenas coa roupa resgada, o pelo da pube rasurado e as mans dispostas en actitude virxinal. Cando a avisaban de madrugada para acudir ao escenario dun crime, a inspectora Amaia Salazar sempre realizaba o mesmo ritual...» |