Skip to Content

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2013

cartel día do libro infantil e xuvenil 

 

 

 

 

 

Todos os 2 de abril celebramos

o Día do Libro Infantil e Xuvenil,

nesta edición Norteamérica

é a encargada

do cartel e da mensaxe.

 

Ashely Bryan

 

 

 

 

O deseño do cartel corresponde ao escritor e ilustrador de libros para nenos

Ashely Bryan

A escritora méxico-americana Pat Mora é a autora do poema-mensaxe:Pat Mora

Lemos xuntos, ti e máis eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.
Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.
Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.
Lemos xuntos. Ti e máis eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.
(Tradución: Concha Blanco)

 

Dúas son as lecturas que recomendamos para esta celebración, as dúas forman parte da lista de honra IBBY 2012

Chamádeme Simbad de Francisco Castro

chamádeme simbad

Kafka e a boneca viaxeira de  Jordi Sierra i Fabra,

traducido por Carmen Torres

kafka e a boneca viaxeira

Bo día de festa lectora!



page | by Dr. Radut