Concesión do nivel III de CTD de Fútbol e Balonmán ó IES Sánchez Cantón
No DOGA nº 190 do Martes, 4 de outubro de 2011 foi publicada a Orde do 22 de agosto de 2011 pola que se fai pública a oferta educativa das ensinanzas deportivas da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do curso escolar 2011-2012.
Resumimos os puntos da citada orde:
Primeiro. Facer pública a oferta educativa de ensinanzas deportivas a partir do curso 2011-2012 en centros públicos da nosa comunidade, segundo os datos que figuran no anexo desta orde.
Segundo. A posta en funcionamento destes estudos estará condicionada á existencia dun mínimo de dez alumnos matriculados na correspondente modalidade deportiva. A condición desta ratio mínima exixida debe poñerse en coñecemento do alumnado no momento da solicitude de matrícula.
Disposición adicional única.
Sen prexuízo do establecido na disposición segunda desta orde, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá autorizar, motivada e excepcionalmente, aquelas ensinanzas que non acaden o citado número mínimo de solicitudes de matrícula. Mentres non se dispoña desta autorización non se poderá formalizar matrícula ningunha.
Disposicións derradeiras.
Primeira. Autorízanse a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptar as medidas e ditar as instrucións necesarias para a aplicación do disposto nesta orde.
Segunda. Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
O IES Sánchez Cantón terá concedidos según a citada orde para o vindeiro curso escolar 2012-13 o CTD nivel III de Fútbol e Balonmán sempre e cando se alcance o número mínimo de alumnado matriculado previsto na orde e nos prazos que se habiliten a tal fin.

Última modificación: xoves, 14 de xullo de 2016, 12:42 PM