Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

B

Balanza comercial

Forma parte da balanza por conta corrente integrada  a súa vez na Balanza de Pagamentos. Estamos a falar do rexistro do valor das exportacións de bens menos as importacións nun país durante un período de tempo determinado.  Se a balanza é positiva dicimos que hai un superávit e se é negativa hai un déficit.No caso de España, foi tradicionalente deficitaria en case todos os sectores, agás en alimentación e automóbil, aínda que este déficit diminúe na actualidade pola substitución de produtos importados por outros fabricados en España e, sobre todo, o descenso do déficit enerxético.


E

Economía somerxida

é o volume total de diñeiro negro que circula nun país, é dicir, o conxunto de actividades económicas non declaradas ás autoridades fiscais ou monetarias e que escapan ás estatísticas oficiais e ao pago dos correspondentes tributos. Tamén podemos denominala como economía informal.


Ecoturismo

é unha modalidade recente de turismo enfocado ao goce da natureza, en territorios pouco transformados pola acción do ser humano, centrándose en educar ao visitante na procura de preservar o equilibrio do medio ambente. Compaxina a actividade turística cun conxunto de principios éticos centrados nun impacto ambiental mínimo e o uso consciente dos recursos naturais. Aparece moi vencellado a unha  oferta de lecer relacionado coa Rede de Parques Nacionais de España e os Espazos Naturais Protexidos polas Comunidades Autónomas.


F

Franquía

é un sistema polo que unha empresa de recoñecido prestixio cede a outra os dereitos de explotación dos seus produtos a cambio dun pagamento por beneficiarse da imaxe de marca, ademáis de aceptar unhas condicións determinadas para o desenvolvemento da súa actividade que implica o despregue duns estándares de calidade na prestación do servizo.


T

Taxas aeroportuarias

conxunto de pagos que realizan os viaxeiros e as mercadorías do transporte aéreo polo uso das instalacións e os servizos dos aeroportos.