Glosario do tema 8: A actividade do sector secundario
Termos oficiais das ABAU
Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
E |
---|
F |
---|
Fondos estruturaisSon partidas monetarias da UE destinadas a promover o desenvolvemento das rexións da UE máis atrasadas, con problemas de declive industrial e paro, apoiar a reconversión económica e social das zonas con deficiencias estruturais e impulsar a modernización dos sistemas educativos e de emprego. Son cinco fondos: FEDER(Desenvolvemento rexional), FSE (Fondo social europeo), FC (Fondos de cohesión), FEADER ( Desenvolvemento rural), FEMP ( Marítimo pesqueiro) | |
I |
---|
Industrias verdesSon aquelas industrias relacionadas coa produción de tecnoloxías limpas para a industria ou o sector enerxético, que se relacionan coa mellora do medioambiente (plantas de reciclaxe)pero tamén engloba a todas aquelas empresas que reestruturaron os procesos de producción co obxectivo de ser máis eficientes no consumo de enerxía e causar o menor impacto posible no medioambiente reducindo a polución e os refugallos. | |
M |
---|
Materias primas estratéxicasSon aqueles recursos naturais considerados de vital importancia para a produción e a riqueza dos países e clave nas decisións políticas polo seu papel estratéxico na economía das potencias. Xeralmente están relacionadas co sector enerxético convencional como o petróleo ou carbón, pero na actualidade, considéranse estratéxicas as materias primas imprescindibles para a industria de novas tecnoloxías, por exemplo o coltán. | |
P |
---|
Parques tecnolóxicosSon espazos planificados, de gran calidade ambiental e urbanística, situados na periferia das grandes cidades e cidades medias que albergan empresas industriais innovadoras, de alta tecnoloxía, onde se estimula un fluxo de coñecemento e colaboración entre instituciones de investigación, empresas e mercados e onde se prestan servizos de asesoramento e viabilidade a novos proxectos empresariais. Están promovidos por institucións públicas e privadas e exercen de atracción para iniciativas relacionadas co desenvolvemento local. | |
S |
---|
Subcontratacióntipo de relación económica pola que o titular dun contrato principal cede a un terceiro, o subcontratista, a prestación dunha actividade económica. Frecuente nas grandes obras, podemos consideralo como un mecanismo de descentralización da produción dun ben, característica da industrial actual, co obxectivo de reducir custos. | |