Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

A

Acuicultura

Actividade produtiva adicada á cría de vexetais ou animais acuáticos, mariños ou de auga doce que, mediante algún tipo de intervención no seu ciclo biolóxico permite controlar a súa reprodución e crecemento. Hai dous tipos: a acuicultura intensiva (piscifactorías) e a acuiucultura extensiva ( bateas de mexillóns)


Agricultura ecolóxica

É un sistema de producción agraria que mantén a fertilidade do solo a través do emprego de practicas agrícolas que evitan os productos da agroindustria (sementes modificadas xeneticamente, fertilizantes químicos ou praguicidas). Para recibir o certificado de produción ecolóxica  deben empregarse técnicas de policultivo como sistema natural de protección contra as pragas e un uso extensivo da terra que evite o seu esgotamento e garanta a sustentabilidade ambiental.


D

Denomicación de orixe

É a que distingue os produtos agroalimentarios que ofrecen unha calidade adicional por cumprir normas superiores ás obrigatorias de calidade estándar. Esa etiqueta indica unha produción que se axusta a unha localización xeográfica, pero tamén pode estar diferenciando o emprego duns métodos determinados na elaboración  de acordo cuns coñecementos ancestrais que elevan a súa calidade. Moitas veces o emprego de técnicas artesanais ou tradicionais indican un maior  respecto do medio ambiente para a súa obtención.


Desagrarización

É o proceso que consiste na paulatina perda da importancia económica do sector primario no PIB e o emprego dun país. A industrialización e posteriormente a terciarización da economía producen unha desvinculación dos habitantes das zonas rurais respecto da agricultura, a gandería e a explotación forestal en favor de actividades do secundario e terciario o que dá lugar a unha transformación dos lugares de traballo, das vivendas e dos valores sociais.


E

Explotación intensiva

É un sistema de produción agrario ou gandeiro localizado sobre unha superficie moi limitada de terreo, que despois de utilizar métodos modernos de produción e unha gran inversión de capital e traballo en abonos e maquinaria, eleva o rendemento por hectárea e posibilita máis dunha colleita anual.


P

Política Pesqueira Común (PPC)

Programa da Unión Europea encamiñado a garantir o abastecemento de peixe en boas condicions e de calidade a través dunha pesca sustentable  sen mermar o desenvolvemento económico das poboacions do litoral. Para lograr eses obxectivos establece cotas de capturas aos estados membros para limitar ás extraccións das especies comercializables máis ameazadas de xeito que se manteña a competitividade sen deteriorar os ecosistemas mariños. Eses obxectivos foron determinados na última modificiación da PPC que tivo lugar en 2013.


S

Silvicultura

 Actividade produtiva que ten por obxecto o cultivo, a conservación e o aproveitamento dos montes. O seu principal cometido é a explotación de madeira, aínda que tamén actúa sobre a protección e a rexeneración dos montes e os seus solos, sobre a prevención de incendios e pragas e sobre o desenvolvemento dos variados usos que nos pode ofrecer o monte.