Glosario do tema 3: Diversidade climática e vexetación
Termos oficiais das probas ABAU
Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
A |
---|
AvesedoA aba dunha montaña que está orientada ao norte (hemisferio norte) e que recibe un menor grao de insolación, mentres que o grao de humidade é maior que na ladeira de solaina. Por conseguinte, o lugar de localización das especies arbóreas está nesta ladeira o que explica o maior grao de especialización forestal. | |
B |
---|
BarloventoLadeira da montaña que está exposta aos ventos o que redunda na recepción dunha maior cantidade de precipitación. Nesta aba da montaña ten lugar o efecto Foenh que consiste nun ascenso do aire húmido que ao verse obrigado a subir por chocar co obstáculo montañoso vai arrefriándose e deixando a precipitación. | |
I |
---|
Inversión térmicaProceso que adoita acontecer en períodos de dominio dun anticiclón térmico invernal. O aire frío que en circunstancias normais localizámolo nas capas altas da troposfera atópase en superficie a ras do solo, por mor da intensa irradiación nocturna, dando orixe a fenómenos de condensación que se traducen en persistentes néboas. Tamén son frecuentes nos fondos de val. | |
IsóbaraNun mapa do tempo, son as liñas que unen puntos coa mesma presión. Se as isóbaras están moi xuntas indica que o gradente de presión é moi alto polo que o aire circulará a gran velocidade. Pola contra, se as liñas están moi separadas, o gradente de presión é feble o que se traducirá en ausencia de vento, podendo chegar a unha situación de pantano barométrico. | |
IsohietaNun mapa do temático sobre a distribución das precipitacións, son as liñas que unen puntos coa mesma cantidade de precipitación. | |
L |
---|
LandaMatogueira típica dos solos da España atlántica onde son frecuentes as especies da familia eriácea ( uceiras, breixos) e das leguminosas ( xestas, piornos...). Aparecen como consecuencia da degradación do bosque climax pola acción antrópica. | |
LaurisilvaRecibe este nome o bosque subtropical húmido formado por loureiros que podemos localizar coa vexetación macaronésica, na parte norte das illas Canarias onde o choque do alisio do NE xera unha atmósfera húmida, ideal para a reclusión desta especie reliquia dun clima anterior. | |
M |
---|
MaquisFormacións arbustivas propias do clima mediterráneo que aparecen sobre solos silíceos e que crean unha matogueira túpida.Componse de especies aromáticas, eriáceas e enebros. Aparece como consecuencia da degradación dos solos pola acción antrópica tras a corta abusiva dos aciñais. | |
V |
---|
Vexetación antrópicaEspecies que son introducidas polo ser humano con fins de explotación forestal para producir madeira ou para a produción de pasta de papel.Neste caso son cultivos forestais como no caso dos eucaliptos ou moitas especies de piñeiros. | |